11.3.07

Resultados do Campionato Galego de campo a través Federado, 2007



O domingo, 11 de marzo, celebrouse en Moaña o XII Memorial Alejandro Lorenzo de Cross .Estas probas foron determinantes para os campións galegos de cross nas categorías benxamín e alevín (masc. e femin.).

Os atletas da S.A. Val Miñor tiveron unha destacada participación .

-En alevín masculino por equipos son subcampións galegos. Na clasificación individual conseguen unha puntuación ben destacada: O 4º posto consígueo Anxo Veiga Amorín e o 5º Lois Mariño Hermida . Séguenos uns postos mais atrás os seus compañeiros de equipo:Nicolás Mariño, Manuel Costa e Andrés González.
-En alevín individual feminina temos campiona galega:Sandra Rodríguez Freiría, acompañada das tamén atletas do clube:Carla Cabrera, e Carla Caride que acadaron o4º e 7º posto respectivamente, as cales fixeron unha moi boa carreira.Non tiveron opción á clasificación por equipos ó faltarlles unha das súas compañeiras.
-Na categoría infantil masculino e feminino por equipos conseguen ambolos dous o 1º posto. Na modalidade infantil individual feminina repiten posto no podium no 1º e 2º lugar respectivamente Yenny Fernández e Patricia Pereira xa clasificadas como campiona e subcampiona galega o pasado fin de semana en Ourense coas que tamén participan na mesma categoría Rocío Rodríguez, Victoria Rodríguez e Laura Varela, acadando o 4º,9ºe 10º posto respectivamente dun total de 80 atletas participantes na mesma categoría . En individual masculino, ocupan os postos 5º,6º e 7º :Alexandre Enríquez, John Mikel Besada e Aaron Misa respectivamente.
-Na categoría cadete individual feminina , repite medalla de ouro, a xa campiona galega Remedios Rodríguez Freiría, que competirá en Extremadura no campionato de España xunto con Raquel Rodríguez Casaleiro, previamente clasificadas en Ourense.

Moitísimas FELICIDADES a tódolos e tódalas atletas participantes!


No hay comentarios: