29.3.07

Campionato de España por Comunidades Autónomas en Badaxoz



O 25 de marzo de 2007 celébrase en Villanueva de la Serena(Badaxoz), o campionato de España de Campo a través nas categorías cadete e xuvenil.
As atletas cadetes femininas de Val Miñor : Remedios Rodríguez Freiría e Raquel Rodríguez Casaleiro entran en liña de meta a 1,56 e 2,52 minutos respectivamente da campiona española.
As nosas atletas , pese a ser o primeiro ano que compiten, e co agravante de que unha delas:Remedios Rodríguez Freiría, tivo unha leve lesión a semana anterior á carreira,obtiveron un aceptable resultado.

Remedios Rodríguez Freiría, consegue o posto octaxésimo primeiro, cun tempo de 15:20 minutos, e a súa compañeira Raquel Rodríguez Casaleiro o centoquinceavo cun crono de 16:16 minutos.

PARABÉNS !! É unha experienza moi positiva chegar ó Campionato de España.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitas felicidades a Reme, e tamén a Raquel. Seguide con ganas de competir, que levades unha moi boa traxectoria.Que non decaian as forzas. Iso nunca!.Ben mociñas!.