30.11.08

FOTOS XXX BELARMINO ALONSO



Dani recolle o premio de Lois Mariño Campionas Infantís

Campións Alevins campións Alevíns por Equipos

Dani recolle o premio de Lois Campionas cadetes


Sub-campiona Xuvenil

27.11.08

XXX Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O Domingo dia 30 de Novembro, celebrouse o 30º Memorial Belarmino Alonso de campo a través, nuha mañán chuviosa e fría como é de costume no Belarmino.

@s nos@s atletas fixeron unha boa actuación tanto a nivel individual como de equipo acadando varios postos de podium nas distintas categorías.

No marxen dereito podedes ver as fotos de distintas carreiras

Noraboa a todos polos triunfos acadados e
Lembrade que o día 7 de Decembro temos o trofeo Concello de Cangas

19.11.08

ZONAL DE CHANDEBRITO CAMPO A TRAVES

O Domingo día 23 de Novembro, celebrouse en Chandebrito (Nigrán) o primeiro zonal de campo a través da Xunta de Galiza.
Bo comezo pra a S.A.Val Miñor que destacou en tódalas categorías.
Os campións foron: Cadetes feminino(Yenny Fernández, Victoria Rguez, Patricia Pereira, Rocío Rguez e Elisa Tarrío)
Cadetes masculinos: John Mikel, e Arón










Infantís feminino: Eva Cid, Mónica Rguez, Sandra Rguez, Carla Caride, Yaiza Barreiro e Laura Varela
Infantís masculino: Javier Carnero, Damián, Carlos Monroy,
Manuel Camarero, Andrés Matínez






Alevíns feminino: Deborah Temes Cuevas
Alevíns masculino: Lois Mariño, Pedro Monroy


Benxamín feminino: Paula Darocha Prol


Benxamíns Masculino: Fran Freiría, Fabio, Denis e Manuel Eguren


¡¡¡¡ NORA BOA A TODOS POLOS EXITOS !!!!!!
O próximo Domingo día 30 o Belarmino Alonso en S. Andrés de Comesaña dende categoría Alevín a Veteranos. No lado dereito do blog pódese enlazar coa páxina Web do Belarmino Alonso

16.11.08

PRIMEIROS TRIUNFOS DA TEMPADA 2008-09







Exitoso comezo d@s nos@s atletas, na mañá do Domingo dia 16 de Novembro, na Sanmartiño de Ourense. As atletas máis destacadas foron: Sandra Rodriguez Freiría 2ª categoría Infantil, Victoria Rodriguez Freiría 1ª Cadete, Yenny Fernández Massó 2ª Cadete e Eva Guede Cid 3ª Cadete. Remedios Rodriguez Freiría foi a 1ª da categoría Xuvenil

En nenos, foron Arón Misa García e Lois Mariño os únicos da categoría cadete e infantil que convocaron pra este evento e tiveron uns bos resultados, dada a calidade e cantidade dos participantes

Nas categorías absolutas ó club estivo representado por Miguel Angel Nieto 8º en Veteranos A, Antón Amoedo (correu sin dorsai, por chegar tarde, e non clasificou) e Antonio Soliño 3º Veteranos D da súa categoría.

¡...Noraboa a todos por este comezo de Tempada...!

5.11.08

XUNTANZA COS ATLETAS E MAILOS SEUS FAMILIARES

Prezados socios!

Comunicámosvos que o vindeiro sábado día 8 de novembro celebrarase a Asemblea EXtraordinaria de Constitución da nova Xunta directiva, no Salón de Actos da Casa da Cultura en Gondomar, ás 19:30 horas.

Desde a Xunta directiva saínte solicitamos que acudan á citada asemblea, ademais dos pais ou familiares,os/as atletas.Vai haber unha "sorpresiña" para cada atleta, como fin de tempada.
Se algún/algunha atleta non pode asistir á asemblea poderase poñer en contacto coa Xunta directiva para recoller a súa "sorpresiña".
Saúdos e ata o sábado.
A Xunta directiva