28.5.07

Memorial Manuel Barros, celebrado o 26-05-2007 en Gondomar

A Sociedad Atlética Val Miñor celebra o Mem. Manuel Barros con éxito

A Sociedad Atlética Val Miñor organizou o sábado 26 de maio en Gondomar o VII Memorial Manuel Barros, a partires das 17:30 h da tarde.Colabora na súa organización o Concello de Gondomar e maila súa Concellaría de deportes.

É unha carreira na que participaron nenos e maiores,e está baixo o control técnico do comité de xuíces da delegación de atletismo de Vigo.






Mais dun millar de atletas dábanse cita en Gondomar.
Foi unha carreira con unha elevada participación de atletas masc. e femin. nas distintas categorías desde escolares ata absolutas , todo un éxito.
Ano tras ano supéranse as espectativas en canto a participación de atletas.

O Memorial Manuel Barros está dentro da categoría de carreiras en ruta e inscrita na Federación Española e Galega de atletismo sendo esta unha proba de carácter nacional e asentada dentro do calendario das devanditas federacións. Este ano homologouse o circuíto na federación española, polo tanto as marcas dos atletas quedarán rexistradas e tidas en conta nas devanditas federacións para calquera campionato das mesmas.
Por este motivo, na participación deste VII Memorial Manuel Barros e anteriores vén sendo costume a inscrición de atletas de talla nacional e internacional.
Os atletas da Sociedade Atlética Val Miñor acadan postos relevantes no podio.
Este ano incorporamos unha novidade na carreira, tódolos atletas correron con chip.

Este ano contamos coa presenza de:
---Pedro Nimo del Oro: Campeón Galego de cross 2007.
Tamén campión neste memorial.

---Julián Bernal Medina.Atleta veterano , o avó da carreira que conta con 88 anos, sendo de grande admiración velo chegar á liña de meta.

Nas Categorías escolares, os atletas de Val Miñor, soben a podio en moitas categorías:

--En prebenxamíns femin:Acadan o 1º,posto : Antía Fernández Fernández(Club atletismo Porriño), o 2º Paula da Rocha Prol ( S.A. Val Miñor)seguida de Marta Varela Varela( Club atletismo Porriño).
--En prebenxamín masc.:Fabio Yebra Garrido (S.A. Val Miñor)entra 1º en liña de meta seguido de Brais Villar Vieitez(Escola Atletismo Comesaña)e Anxo Iglesias Núñez ( CEIP Souto Donas)que acada o 3º posto.
-- En Benxamíns: na modalidade femin.:o 1º,2º e 3º posto acádano:Carla Leirós García(Escola atletismo Comesaña), Yetimwork Barciela Alén(Club atletismo Porriño) e Sara González González
--En benjamín masc: Javier Costas Rodríguez(Suarez Marquier),Maico Rodríguez Rguez(Serra Vincios) e Pedro Monroy Iglesias(Igrexa Valadares) acadan o 1º,2º e 3º posto.
--En alevíns femin:Son Claudia Rojo Cazorla(Club Ría de Ferrol),Carla Cabrera Alonso(S.A. Val Miñor),e Clara Domínguez Fontán(Escola atletismo Comesaña)as atletas que ocupan o 1º,2º e 3º posto no podio respect.
-- En alevín masc.:Acada o 1º posto Anxo Veiga Amorín(S.A. Val Miñor),o 2º David Santorio Vila(Beade) e Lois Mariño Hermida(S.A. Val Miñor) o 3º posto
--En infantis femin: Jenny Fernández Massó(S.A. Val Miñor) ,Victoria Rodríguez Freiría(S.A. Val Miñor) e Rocío Rodríguez Martínez(S.A. Val Miñor), acadan os tres primeiros postos nesta orde.
--En infantil masc.:entra 1º en liña de meta Alexandre Enríquez Blandón(S.A. Val Miñor),2º Yago González Rodríguez(Beade) e 3º John Mikel Besada Fernández(S.A. Val Miñor).
--En cadetes femin.:Entra 1ª en liña de meta Remedios Rodríguez Freiría (S.A. Val Miñor),María Vilariño Treinta(Club atletismo Porriño),Samia Zahidi Esabiqui(Club atletismo Porriño) acadan o 1º,2º e 3º posto respect.
--En Cadete masc.:Samuel Rodríguez Gómez(Beade),Eric Calvo González(Club AVA) ,Miguel Angel Rivero Sias, e José Luis Dacosta Marcos(IES Auga da Laxe)acadan os 4 primeiros postos.
--En xuvenil femin.:María Martínez González(Club atletismo Porriño), Raquel Padín Pérez(S.A. Val Miñor) e Patricia Quintas Carreira(Comesaña Sporting Club) acadan os tres primeiros postos respect.
--En Xuvenil masc.Gilberto Costas Penedo(S. Miguel de Oia),Manuel Martínez Ageitos(Ourense-atlet.Academia Postal) e Iván Rúa Bernardo(S.A. Val Miñor) acadan o 1º,2º e 3º posto respect.
--En Junior femin.o primeiro posto é para Mónica Fernandez(Arcos de Valdevez)
--En Junior masc.Sergio Iglesias Alonso(C.S.C:R.Beade),Anselmo Cerqueira , Brais Misa García(S.A. VAl Miñor),Agustín Sobrado Menoni(S.A. VAl Miñor) acadan os 4 primeiros postos respect.
--En promesa senior femin:os tres primeiros postos acádanos:Susana Castro Pena(Ría de Ferrol),Patricia García González(Ría de Ferrol) e Elena del Mar Naviero Parada(Atmo.Venturiña-Mariscos Jacobo de o Grove).
--En promesa senior masc:Entra 1º en liña de meta o galego: Pedro Nimo del Oro actual campión galego por varios anos consecutivos que está fichado polo clube CCM-Rayet Unión Guadalajara, seguido de José Antonio Ramallo Reboredo(Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Alejandro Pesado Fernández(independiente).
--En Veteranos A (35 a 44 anos) fem:Entra 1ª en meta:Teresa Corral Marcos (Club Fluvial Lugo), seguida de Pilar Alemparte Roc(Queimada), Ana Isabel Rodríguez Expósito...
--En Veteranos A masc.(35 a 44 anos):Jesús de la Fuente entra primeiro en Meta, seguido de Elías Salvador Domínguez Cabral(Club corredores Vig-Bay), Ramón Serantes (Playas de Jandía),José Carlos Adán...
--En Veteranos B(45 a 54 anos) fem: Entran nos primeiros postos :Marina Laura Fdez López(Correrengalicia.org), Carmen Costas Rodríguez(Queimada), Carmen Novo Varela(Club fluvial Lugo)...
--En Veteranos B masc.:Antonio Fuertes Saavedra(S.A. Val Miñor) chega 1º seguido de Emilio Martínez Anta, Pablo Pérez Lago, Julio Manuel Gallo Fdez,...
--En veteranos C masc.( 55 anos en diante):Acada o 1º posto José Matías Regueira Boo(Atletismo e deportes do Barbanza),seguido de Roberto Rey González(Precisgal), Diamantino Coelho(Arcos de Valdevez).Nesta categoría correu o avó da proba que conta con 88 anos JULIÁN BERNAL MEDINA(C.D. Egovarros-Viveiro).
Participaron, entre outros os seguintes clubs: galegos, españoles e portugueses:
CCM-RAYET UNIÓN GUADALAJARA; Club Corredores Vig-Bay; PLAYAS DE JANDIA ; SOCIEDAD GIMNASTICA PONTEVEDRA; ATMO. VENTURIÑA-MARISCOS JACOBO (O Grove); triatlon muralla de lugo; ARCOS DE VALDEVEZ; CLUB ATLETISMO PORRIÑO; SAN MIGUEL DE OYA; PABELLON OURENSE; real club celta de vigo; Ourense Atletismo-Academia Postal; CLUB FLUVIAL LUGO; CAIO; ATHLETICS AVENTURA; BURGAS ATLETISMO OURENSE; COMESAÑA SPORTING CLUB; Club Atletismo Milladoiro; PRECISGAL; Atletismo Samertolameu; CLUB TRIATLON GALAICO-SERCOYSA; ATLETISMO E DEPORTES DO BARBANZA; CLUB ATLETISMO VIGO; C.A. CASTRELOS; RIA FERROL CONCEPCIÓN ARENAL; VIEIRASA; ATLETISMO BARBANZA DE POBRA; QUEIMADA; ARCOS DE VALDEVEZ; ATHLETICS AVENTURA; GIMNASTICO AREA; CORRERENGALICIA.ORG; VETERAN@S DE GALICIA; Atletas Veteranos Pabellón Ourense; GIMNASTICO AREA; C.D. Egovarros-Viveiro; SAN FERNANDO LUCUS; C.D. Egovarros-Viveiro...

O circuíto discurriu polas rúas de Gondomar para as categorías escolares ata cadetes, e polos arrabaldes do Concello para a carreira absoluta de 10 Km. Ó final da carreira celébrouse outra para os máis pequenos outorgando medallas a todos.
Este evento deportivo conmemórase o último sábado de Maio e desde o ano 2001 co patrocinio do Grupo Miñor Galicia S.L. e maila Concellalía de deportes do Concello de Gondomar, no afán de destacar a figura do Sr. D. Manuel Barros, que foi Presidente e fundador do devandito Grupo.

16.5.07

Campionato provincial de atletismo en pista ó aire libre para as categorías benxamín, alevín e infantil.







No campionato provincial de pista ó aire libre celebrado o sábado 12 de maio de 2007 nas pistas Municipales de Pontevedra, os atletas de Val Miñor acadan uns resultados relevantes:
Campións provinciais:
-Alevín fem .:Na modalidade de 1.000 m lisos : Carla Cabrera Alonso 1.000 m. Lisos cun crono de 3’27” 0.
-Infantil fem. modalidade 1.000 m lisos :Jenny Fernández Massó , en 3’11” 8.

Subcampións provinciais:
-Alevín fem .:Na modalidade de 1.000 m lisos: Sandra Rodríguez Freiría (3’34” 7)
-Alevín masc. En 1.000 m lisos: Anxo Veiga Amorín (3’19 “ 8).
-Infantil fem.En 1.000 m lisos: Laura Varela Estévez (3’23 “ 3 ).
-Infantil masc. En 3.000 m lisos: John Mikel Besada Fernández (11’02” 8)

Outros postos:

-4º e 5º posto alevín fem.en 1.000 m lisos: Carla Caride San Román (3’38” 5) e Raquel Gómez Villar (3’40” 2) respectivamente.
-3º e 9º posto alevín masc. en 1.000 m lisos: Lois Mariño Hermida (3’23” 5) e Manuel Costa Camarero ( 3’37” 6) respectivamente.
-3º posto infantil masc. en 500 m lisos: Damián Esmerote Domínguez (1’33” 0).
-4º e 5º posto benx. masc.: Francisco Rodríguez Freiría( 3’48” 4) e Daniel González Brito (3’53” 8).

MOITÍSIMAS FELICIDADES !

15.5.07

XX Trofeo Reconquista de atletismo en pista

Os nosos atletas das categorías infantiles e cadetes danse unha cita o día 31 de marzo de 2007 nas pistas do Estadio Municipal de Balaídos, na cidade olívica.Todos eles compiten na mesma modalidade, os 1.000 m. lisos.

As atletas infantiles: Jenny Fdez Massó (3'10"08), Victoria Rguez Freiría (3'25"10), Rocío Rguez Martínez(3'28"28) e Laura Varela Estévez (3'29"93) acadan o 1º, 3º, 4º e 5º posto respectivamente.

A atleta cadete Remedios Rodríguez Freiría (3'17"00) acada o 4º posto.

Os atletas infantiles : Alexandre Enríquez Blandón (3'10"40) , Damián Esmerode Domínguez (3'33"38), Aitor da Rocha Cajaraville (3'55"92) e Aarón Misa García( 3'56"28) acadan o 1º, 3º, 6º e 7º posto respectivamente.

O atleta cadete Jorge González Martínez (3'14"72) acada o 6º posto.

PARABÉNS !

14.5.07

2º zonal de atletismo en pista Xunta de Galicia 2007







O día 31 de marzo de 2oo7 compiten nas pistas de atletismo de Vilagarcía os atletas das categorías benxamíns e alevíns masculinos e femininos.

Os atletas de Val Miñor compiten na modalidade de 1.000 m. lisos.

Na categoría benxamín masculina : Os atletas Daniel González Brito(4'02"0) e Francisco Rguez Freiría(4'07"4) entran en liña de meta en 4º e 5º lugar respectivamente.


En alevín masculino: Os atletas Anxo Veiga Amorín (3'18"6), Lois Mariño Hermida (3'26"1), Manuel Costa Camarero (3'43"3) , Nicolás Mariño Mariño (3'50"0), e Andrés González Martínez (3'53"6) acadan os postos 1º, 3º, 5º, 8º e 9º respectivamente.

En alevín feminino: As atletas Carla Cabrera Alonso(3'31"9), Carla Caride Sanromán(3'35"9), Sandra Rodríguez Freiría(3'36"8) e Raquel Gómez Villar (3'44"7) entran en liña de meta en 1º, 4º, 5º e 7º lugar respectivamente.

NORABOA A TODOS!

XXII Memorial Francisco Castro de atletismo en Pista

O domingo, día 25 de marzo de 2007, ten lugar no Estadio Municipal de Balaídos o zonal de atletismo en pista para as categorías desde xuveniles a veteranos masculinos e femininos en distintas probas.

Na modalidade de 1.500 m. lisos competiron: A atleta Xuvenil Angela Lomba Valtierra quen acadou o 4º lugar cun crono de 6 '17"52 .En homes Daniel González Adrover, Javier Acevedo Sanromán (promesas) e Iván Rúa Bernardo(Xuvenil), que fan o percorrido en 4'43"94, 4'48"19 e 5'25"76 acadan o 10, 11 e 13 posto respectivamente.

Na modalidade de 400 m. lisos, a Xuvenil Raquel Padín Pérez acada o 2º posto cun tempo de 1'06"34.

Nos 300 m. lisos, o atleta cadete Jorge González Martínez consegue chegar 5º a liña de meta coa marca de 0'45"88 .

NORABOA A TODOS!