29.3.07

Campionato de España por Comunidades Autónomas en Badaxoz



O 25 de marzo de 2007 celébrase en Villanueva de la Serena(Badaxoz), o campionato de España de Campo a través nas categorías cadete e xuvenil.
As atletas cadetes femininas de Val Miñor : Remedios Rodríguez Freiría e Raquel Rodríguez Casaleiro entran en liña de meta a 1,56 e 2,52 minutos respectivamente da campiona española.
As nosas atletas , pese a ser o primeiro ano que compiten, e co agravante de que unha delas:Remedios Rodríguez Freiría, tivo unha leve lesión a semana anterior á carreira,obtiveron un aceptable resultado.

Remedios Rodríguez Freiría, consegue o posto octaxésimo primeiro, cun tempo de 15:20 minutos, e a súa compañeira Raquel Rodríguez Casaleiro o centoquinceavo cun crono de 16:16 minutos.

PARABÉNS !! É unha experienza moi positiva chegar ó Campionato de España.

25.3.07

1º zonal en idade escolar de pista Xunta de Galicia 2007











No 1º zonal de pista para as categorías benxamín e alevín celebrado o sábado día 24 de marzo no Estadio Municipal de atletismo de Cangas, os nosos atletas acadan postos relevantes para o seu paso ó campionato provincial:

Na categoría benxamín masculino:Daniel González Brito acada o posto, e Francisco José Rodríguez Freiría o posto.

En alevín masculino: Anxo Veiga Amorín acada o posto e Lois Mariño Hermida o posto.
Na categoría alevín feminino:Carla Cabrera Alonso consegue o posto, seguida de Sandra Rodríguez Freiría co , en lugar Carla Caride Sanromán.
NORABOA A TODOS !

24.3.07

Calendario de competicións de Xóvenes Atletas(cross escolar) , e outras de interés, para categorías en idade escolar maiormente

Estimados socios/as:
A continuación detallamos o calendario das vindeiras competicións de Xóvenes Atletas(cross escolar), e outras de interés:

MARZO 18... XXX Trofeo S. Miguel de Oia.............S.M.de Oia.(roupa do club e cravos)
MARZO 25 ...Cross Xóvenes atletas.......................C.Coutada-Beade
ABRIL 22... Cross Xóvenes atletas.......................... C.Mosteiro-Membrive
ABRIL 29...Cross Xóvenes atletas........................... C.Josefa Alonso-Matamá
MAIO 1 ... Cross Xóvenes atletas............................... C. Párroco D.Camilo. S.Andrés Comesaña

MAIO 6 ... Cross Xóvenes atletas...............................C.Castro. S.Miguel
MAIO 13 ... Cross Xóvenes atletas............................. C. Sobreira. Valadares
MAIO 17 ... Cross Xóvenes atletas..............................C. Serra. Vincios,c. Fútbol
MAIO 26... VII Memorial Barros pedestrismo............Gondomar.(roupa do club)
XUÑO 10... Final Cross Xóvenes atletas..................... Universidad Vigo
AGOSTO 15.... XII Memorial M. Puentes pedestrismo...Nigrán.(roupa do club)
As carreiras de Xóvenes atletas acostuman a empezar ás 10H.(Aconsellamos estar ás 9:30H)
Sobre as carreiras de pista determinará o entrenador qué nenos participarán e informarase sobre cada carreira a semana anterior á realización da proba.

¡ESTADE ATENTOS Ó TABOLEIRO DE ANUNCIOS!
Nesta mesma páxina farémo-las modificacións pertinentes, en caso de habelas!!!
ATENTOS!!!


19.3.07

xxx Trofeo Campo a través da Soc. Deportiva de atletismoS.Miguel de Oia

No XXX Trofeo de Campo a través S. Miguel de Oia, celebrado o 18 de marzo, a Sociedade Atlética Val Miñor volve acadar uns excelentes resultados.

Os atletas alevíns masculinos conseguen atravesar a liña de meta en lugar Anxo Veiga Amorín , cun tempo de 6:55 min. seguido de Lois Mariño Hermida en posición, cun crono de6:59 min. Nuns postos mais atrás, temos a Nicolás Mariño Hermida, Manuel Costa Camarero e Andrés Gónzalez Martínez.

Na categoría alevín feminina a 1ª en atravesa-la liña de meta é Sandra Rodríguez Freiría ,cun tempo de (7:05 minutos).Temos que salientar tamén a Carla Caride (7:23) , Carla Cabrera ( 7:29) en 5º e 6º posto respectivamente.

En Infantil masculino : Alexandre Enriquez Blandón consegue o posto no podio en (9:32 Min), así como o posto John Mikel Besada Fernández (9:41 min), e o 4º Aarón Misa García (9:43 min).

Na categoría infantil femenino, o podio vólvese de cor verde coas atletas da S.A. Val Miñor, acadando o 1º,2º,3º,4º e 8º posto as atletas: Jenny Fernández Massó (7:50), Victoria Rodríguez Freiría (7:57), Patricia Pereira Martínez (8:05),Rocío Rodríguez Martínez (8:06) e Laura Varela Estévez (8:33), respectivamente.

Na categoría Xuvenil feminina, a atleta Raquel Padín Pérez sube a podio en lugar, cun tempo de 16:38 min; do mesmo club chegan a liña de meta Angela Lomba Valtierra 7ª e Diana González Dacosta 8ª, cuns tempos acadados de 18:40 , e 20:11 min respectivamente.

En Xuvenil masculino Iván Rúa Bernardo, chega a meta en décima posición.

Na categoría Junior masculino o atleta de Val Miñor Agustín Sobrado Menoni acada o posto no podio en 16:59 minutos.



Temos que decir que os nosos atletas benxamíns e pre-benxamíns nenos e nenas puxeron o seu gran de area na proba.Entre eles Daniel González Brito acada o posto Benxamín e Francisco José Rodríguez Freiría o 6º.

Os atletas da categoría Promesa Javier Acevedo Sanromán e Daniel González Adrover entran en 6ª e 11ª posición na liña de meta; por tempos acadan 31:30 e 33:02 respectivamente.

Os atletas veteráns conseguen moi bos postos. Destacamos a Antón Amoedo Giménez, José Antonio Iglesias Otero e Antonio Soliño Castro en 4ª, 6ª e 11ª posición respectivamente na clasificación xeral, e cuns tempos acadados de 27:42, 28:03 e 29:32 min.









Campionato de España de Veteráns 2007


O día 11 de febreiro celebrouse en Talavera de la Reina ( Toledo) o campionato de España de Veteráns . O noso equipo acadou o posto 19º(dazanoveavo) por equipos, dun total de 35 clubs de toda a xeografía española.
Os atletas máis destacados da Sociedade Atlética Val Miñor foron Antón Amoedo Giménez , José Andrés Fervenza Fragueiro e Alberto Fernández Pérez cuns tempos de 0:26:18, 0:27:17 e 0:29:25 respectivamente.
NORABOA!

Campionato Galego de Campo a través categorías superiores 2007

No campionato galego de campo a través celebrado en Lugo o 28 de Xaneiro de 2007 , os atletas da categoría Senior acadaron o 3º posto no podio e quedaron clasificados por clubs para o Campionato de España de Veteráns.

11.3.07

Resultados do Campionato Galego de campo a través Federado, 2007



O domingo, 11 de marzo, celebrouse en Moaña o XII Memorial Alejandro Lorenzo de Cross .Estas probas foron determinantes para os campións galegos de cross nas categorías benxamín e alevín (masc. e femin.).

Os atletas da S.A. Val Miñor tiveron unha destacada participación .

-En alevín masculino por equipos son subcampións galegos. Na clasificación individual conseguen unha puntuación ben destacada: O 4º posto consígueo Anxo Veiga Amorín e o 5º Lois Mariño Hermida . Séguenos uns postos mais atrás os seus compañeiros de equipo:Nicolás Mariño, Manuel Costa e Andrés González.
-En alevín individual feminina temos campiona galega:Sandra Rodríguez Freiría, acompañada das tamén atletas do clube:Carla Cabrera, e Carla Caride que acadaron o4º e 7º posto respectivamente, as cales fixeron unha moi boa carreira.Non tiveron opción á clasificación por equipos ó faltarlles unha das súas compañeiras.
-Na categoría infantil masculino e feminino por equipos conseguen ambolos dous o 1º posto. Na modalidade infantil individual feminina repiten posto no podium no 1º e 2º lugar respectivamente Yenny Fernández e Patricia Pereira xa clasificadas como campiona e subcampiona galega o pasado fin de semana en Ourense coas que tamén participan na mesma categoría Rocío Rodríguez, Victoria Rodríguez e Laura Varela, acadando o 4º,9ºe 10º posto respectivamente dun total de 80 atletas participantes na mesma categoría . En individual masculino, ocupan os postos 5º,6º e 7º :Alexandre Enríquez, John Mikel Besada e Aaron Misa respectivamente.
-Na categoría cadete individual feminina , repite medalla de ouro, a xa campiona galega Remedios Rodríguez Freiría, que competirá en Extremadura no campionato de España xunto con Raquel Rodríguez Casaleiro, previamente clasificadas en Ourense.

Moitísimas FELICIDADES a tódolos e tódalas atletas participantes!


9.3.07

Campionato Galego de Cross federado, 2007

O próximo domingo , día 11 de marzo, temos unha cita con tódolos atletas das categorías escolares de cros, en Moaña, no Memorial Alejandro Lorenzo.
-Haberá unha clasificación individual e outra por equipos (masculina e feminina) en cada categoría.
-Desta proba saen os campións galegos de cross das categorías benxamín e alevín( masculino e feminino).
-Os primeiros postos de cadetes son clasificatorios para o campionato nacional de cross a celebrar este ano en Extremadura.
-Xa temos duas atletas cadetes preseleccionadas para o campionato nacional por autonomías : Remedios Rodríguez Freiría, que fixo unha magnífica carreira no campionato galego de Cross Escolar Xunta de Galicia, celebrado o pasado dia 3 , en Monterrei, acadando o 2º posto na clasificación individual feminina.O 4º posto na mesma clasificación conseguiuno tamén a nosa atleta:Raquel Casaleiro, e quedou clasificada para formar parte da selección galega, xunto con Remedios. A selección galega está formada por atletas cadetes das catro provincias galegas, ata un total de oito , nas modalidades xuvenil e cadete (masculino e feminino).
Desexámosvos unha moi boa sorte!


ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS!!!

5.3.07

Campionato Galego de Cross Escolar, 2007



O domingo 4, pola mañá, tiña lugar no complexo deportivo de Monterrei (Ourense) o Campionato Galego de Cross escolar,das categorías infantil e cadete.
A Sociedade Atlética Val Miñor fixo un bo papel:
- Na categoría infantil individual masculino entraba 3º en liña de meta Alexandre Enríquez Blandón.
- Na categoría infantil individual feminina o podio estivo tinxido polas cores da S.A. Val Miñor: no primeiro posto tiñamos a Jenny Fernández, no segundo a Patricia Pereira e no terceiro a Victoria Rodríguez.
- En cadete individual feminino acadou o segundo posto Remedios Rodríguez Freiría.
Ademais, por equipos , subiron ao podio os atletas das categorías infantís, mulleres e homes, quedando primeiras e segundos, respectivamente.

Moitas felicidades!

4.3.07

3000 m Campionato Galego Cadete-Xuvenil 2006

Vídeo do 3000 metros do Campionato Galego, categoría cadete-xuvenil, de 2006:
  • 7º Manuel Martinez (Val Miñor) 9:44,48
  • 12º Agustín Sobrado (Val Miñor) 10:24,88