O domingo 4, pola mañá, tiña lugar no complexo deportivo de Monterrei (Ourense) o Campionato Galego de Cross escolar,das categorías infantil e cadete.
A Sociedade Atlética Val Miñor fixo un bo papel:
- Na categoría infantil individual masculino entraba 3º en liña de meta Alexandre Enríquez Blandón.
- Na categoría infantil individual feminina o podio estivo tinxido polas cores da S.A. Val Miñor: no primeiro posto tiñamos a Jenny Fernández, no segundo a Patricia Pereira e no terceiro a Victoria Rodríguez.
- En cadete individual feminino acadou o segundo posto Remedios Rodríguez Freiría.
Ademais, por equipos , subiron ao podio os atletas das categorías infantís, mulleres e homes, quedando primeiras e segundos, respectivamente.
Moitas felicidades!

1 comentario:
Felicidades a tódolos atletas polo seu esforzo en conseguir esas marcas.Ánimo, facer deporte é fabuloso, fantástico, sempre vos manteredes en forma.NORABOA!!!
Publicar un comentario