9.3.07

Campionato Galego de Cross federado, 2007

O próximo domingo , día 11 de marzo, temos unha cita con tódolos atletas das categorías escolares de cros, en Moaña, no Memorial Alejandro Lorenzo.
-Haberá unha clasificación individual e outra por equipos (masculina e feminina) en cada categoría.
-Desta proba saen os campións galegos de cross das categorías benxamín e alevín( masculino e feminino).
-Os primeiros postos de cadetes son clasificatorios para o campionato nacional de cross a celebrar este ano en Extremadura.
-Xa temos duas atletas cadetes preseleccionadas para o campionato nacional por autonomías : Remedios Rodríguez Freiría, que fixo unha magnífica carreira no campionato galego de Cross Escolar Xunta de Galicia, celebrado o pasado dia 3 , en Monterrei, acadando o 2º posto na clasificación individual feminina.O 4º posto na mesma clasificación conseguiuno tamén a nosa atleta:Raquel Casaleiro, e quedou clasificada para formar parte da selección galega, xunto con Remedios. A selección galega está formada por atletas cadetes das catro provincias galegas, ata un total de oito , nas modalidades xuvenil e cadete (masculino e feminino).
Desexámosvos unha moi boa sorte!


ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS!!!

No hay comentarios: