10.2.08

Campionato provincial de campo a través en idade escolar Xunta de Galicia


A Sociedad atlética Val Miñor vese representada no campionato provincial de campo a través celebrado o día 10 de febreiro en Chandebrito( Concello de Nigrán).

Por equipos os atletas apúntanse 3 ouros, e na modalidade individual: 2 ouros, 3 pratas e 3 bronces, nas distintas categorías.

Na categoría alevín feminino o ouro é para Sandra Rodríguez Freiría que tras percorrer 1460 metros entra en liña de meta cun tempo de 6,12 min; a prata é para Mónica Rodríguez Alvarez e o bronce para Carla Cabrera Alonso:Séguenas uns postos mais atrás Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar. Con esta clasificación quedan en 1º lugar por equipos.


En Alevín masculino o subcampión individual é o atleta Anxo Veiga Amorín que despois de percorrer 1940 metros chega a meta en 7,02 min. Ségueno os seus compañeiros, Lois Mariño Hermida (en 5º lugar) e uns postos despois Manuel Costa Camarero. A indisposición de dous compañeiros seus non fixo posible que puntuaran por equipos.

En infantil feminino vólvese tinxir de verde o podio na clasificación individual coas atletas de Val Miñor:Jenny Fernández Massó ocupando o 1º posto despois de percorrer 1940 metros en 6,59 minutos, seguida das súas compañeiras Victoria Rodríguez Freiría (2º posto)e Patricia Pereira Martínez en 3º posto.Séguenas uns postos despois Laura Varela Estévez (9º)e Rocío Rodríguez Martínez .Por equipos ocupan o 1º posto.


Na categoría infantil masculina fanse co 1ºposto por equipos os atletas: Alexandre Enríquez Blandón, John Mikel Besada Fernández, Aarón Misa García , José Antonio Dacosta Estévez, Damián Esmerode Domínguez e Aitor Da Rocha Cajaraville.
En cadete feminino destaca o 3º posto da atleta Remedios Rodríguez Freiría, seguida de Elisa Tarrio Herva uns postos mais atrás.
Tamén é de valorar o esforzó dos benxamíns masculinos: Francisco José Rodríguez Freiria, Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez que non puideron puntuar por equipos debido á falta dun compañeiro de equipo.
Valórase así mesmo o esforzó do cadete masculino Jorge González Martínez.

Desde a Xunta directiva transmitimos a tódolos atletas a nosa FELICITACIÓN!

5.2.08

Campionatos galegos federados de categorías inferiores e mailas absolutas, excepto a categ. junior

A SOCIEDAD ATLETICA VAL MIÑOR ACADA UNHAS DESTACADÍSIMAS PUNTUACIÓNS NOS CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS DE CROSS




Atletas cadetes femininas quedaron clasificadas para os campionatos de España de cross.




Con 2 ouros,as cadetes femininas e mailas infantiles logran logran subir a pódium por equipos.




Na modalidade

Individual lógranse dous ouros: en alevín masculino: Lois Mariño Hermida , e en cadete feminino: Jenny Fernández Massó.


Os atletas da Sociedad Atlética Val Miñor fixeron un bo papel nos campionatos galegos federados , celebrados en Ourense ( Circuíto de Oira) este domingo , día 3 pola mañá e o sábado,día 2 en Ribadavia.

Na categoría cadete feminino alcanza o 1º posto no podio a atleta Yenny Fernández Massó tras percorrer 3.300 metros nun tempo de 11:24 min., seguida das súas compañeiras de equipo Victoria Rodríguez Freiría (en 2º lugar),Patricia Pereira Martínez(3º posto) e Rocío Rodríguez Martínez (4º posto).O podio quedou tinxido coas cores da Sociedad Atlética Val Miñor.Lograron por equipos o ouro, que as clasifica para os campionatos de España.




Na categoría cadete masculina conseguen o 7º posto por equipos( integrado polos atletas:John Mikel Besada Fernández, José Antonio Dacosta Estévez, Aarón Misa García e Aitor Da Rocha Cajaraville).
As atletas xuvenís femininas acadan o 5º posto por equipos: Remedios Rodríguez Freiría, Raquel Padín Pérez e Angela Lomba Valtierra.
En infantil feminino volven conseguir o ouro por equipos as atletas: Carla Cabrera Alonso, Sandra Rodríguez Freiría, Laura Varela Estévez, Mónica Rodríguez Alvarez, Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar.
Na categoría infantil masculina acadan o 5º posto por equipos os atletas : Anxo Veiga Amorín, Damián Esmerode, Manuel Costa Camarero e Rubén Martíns Salinas.
Na categoría alevín homes destaca o 1º posto no podio na categoría individual para o atleta Lois Mariño Hermida que tras percorrer 2.000 metros entra en liña de meta cunha marca de 07:08 minutos.
En benxamín homes os atletas Francisco Rodríguez Freiría, Fabio Yebra Garrido e Denís Mariño Hermida acadan os postos 4º,6º e 10º respectivamente na clasificación individual.
É de destacar tamén a actuación excelente das atletas benxamíns e alevíns femininas así como os/as xuvenís masculinos e femininas.
No campionato galego de veteranos de campo a través celebrado en Ourense-Ribadavia o sábado , día 2, os atletas masculinos quedaron subcampións por equipos. Puntuaron. Antón Amoedo Giménez, José Antonio Iglesias Otero e José Andrés Fervenza Fragueiro.

Podemos acceder ás clasificacións na entrada de AVANCE DE CALENDARIO DE FEBREIRO.

tamén se poden observar cambios de calendario. Cómpre visitalo.

A NOSA MAIS GRANDE NORABOA A TÓDOLOS ATLETAS!!

30.1.08

Imos xogar e aprender


Benqueridos atletas imos incluir neste blog información acerca do concello de Gondomar.
Como podedes ver, este concello miñorano, figura no mapa en cor vermella.

Ahí vai unha adiviña!:
Cales son os peóns
que camiñan de frente
e compiten en diagonal?
Esperamos a vosa resposta.Tedes que axudarnos a buscar a solución.
PUBLICADE OS VOSOS COMENTARIOS.



22.1.08

Zonal de cross escolar en idade escolar da Xunta de Galicia

O pasado día 20 de xaneiro , os atletas da S.A. Val Miñor desde pitufos ata a categoría de cadetes, participaron no cross zonal celebrado en Baiona.




Acadaron uns bos resultados:












POSTO BENXAMIN FEMININO

14 PAULA DA ROCHA PROL
26 LAURA FERNANDEZ LOPEZ
28 CARMEN VAZQUEZ GRILLO
45 ESTELA ALONSO ARCAI




POSTO BENXAMIN MASCULINO(clasificados para a fase provincial por equipos):

6 FAVIO YEBRA GARRIDO
8 FRANCISCO JOSE RODRIGUEZ FREIRIA
23 DENIS MARIÑO HERMIDA
25 DANIEL RODRIGUEZ ESTEVEZ

Clasificados para a fase provinc. por equipos, e Carla Cabrera, Mónica e Carla Caride na modalidade individual:
POSTO ALEVÍN FEMININO
1 CARLA CABRERA ALONSO
3 MONICA RODRIGUEZ ALVAREZ
6 CARLA CARIDE SANROMAN
7 SANDRA RODRIGUEZ FREIRÍA
8 RAQUEL GOMEZ VILLAR
15 NEREA LOPEZ MOREIRA

Clasificados para a fase provincial nas modalidades por equipos ;e, en individual,Anxo Veiga, Lois Mariño e Manuel Costa :

POSTO ALEVÍN MASCULINO

1 ANXO VEIGA AMORÍN
2 LOIS MARIÑO HERMIDA
6 MANUEL COSTA CAMARERO
8 RUBEN MARTINS SALINAS
10 ANDRES GONZALEZ MARTÍNEZ


Clasificadas para a fase provincial nas modalidades por equipos e, por individual,Jenny Fdez, Victoria Rguez, Rocío Rguez e Patricia Pereira:

POSTO INFANTIL FEMININO

1 JENNI FERNANDEZ MASSÓ
2 VICTORIA RODRIGUEZ FREIRÍA
3 ROCIO RODRIGUEZ MARTÍNEZ
6 PATRICIA PEREIRA MATÍNEZ
7 LAURA VARELA ESTÉVEZ

Clasificados para a fase provincial por equipos e, en individual, Alexandre Enríquez, Aarón Misa, John Mikel, José Antonio e Damián Esmerode:

POSTO INFANTIL FEMININO

1 ALEXANDRE ENRIQUEZ BLANDÓN
2 AARÓN MISA GARCÍA
3 JOHN MIKEL BESADA FERNANDEZ
5 JOSE ANTONIO DACOSTA ESTÉVEZ
6 DAMIÁN ESMERODE DOMÍNGUEZ
9 AITOR DA ROCHA CAJARABILLE

Clasificadas para a fase provincial na modalidade individual as dúas atletas:

POSTO CADETE FEMININO

1 REMEDIOS RODRIGUEZ FREIRÍA
2 ELISA TARRÍO HERVA

Clasificado para a fase provincial:

POSTO CADETE MASCULINO

1 JORGE GONZALEZ MARTINEZ

NORABOA!!!

21.1.08

Avance de calendario do mes de febreiro /próximas competicións

Para o mes de febreiro temos carreiras MOI importantes:

AVISO IMPORTANTE: (LEMBRÁDEVOS SEMPRE )
HAI QUE LEVAR AS ZAPATILLAS DE CRAVOS A TÓDALAS CARREIRAS durante toda a tempada.NALGUNHAS USARANSE E NOUTRAS NON.

HAI QUE ESTAR UNHA HORA ANTES DO HORARIO DA CELEBRACIÓN DA CARREIRA, PARA RECIBIR AS INSTRUCCIÓNS DO ENTRENADOR, VER O CIRCUÍTO, E FACER UN QUECEMENTO AXEITADO E COMPLETO.

---O día 3 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO FEDERADO en Ourense- na modalidade de cross para as categorías desde benxamín a absoluto exceptuando a categoría junior, que se celebrará individualmente.

CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS A CELEBRAR EN OURENSE(CIRCUITO DE OIRA) preto da ponte do Milenio([1]*)
O DÍA 03 DE FEBREIRO DE 2008

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE categorías MENORES

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
10.30 BENXAMIN Mulleres e Homes 800 m. aprox.
10.45 ALEVIN Mulleres 1.500 m. aprox.
11.00 ALEVIN Homes 2.000 m. aprox.
11.20 INFANTIL Mulleres 2.000 m. aprox
11.40 INFANTIL Homes 2.750 m. aprox

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CAMPO A TRAVES
INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.00 CADETE E XUVENIL Mulleres 3.300 m. aprox.
12.20 CADETE E XUVENIL Homes 5.250 m. aprox.

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS (CROSS CURTO)

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.45 SENIOR-PROMESA Mulleres 4.000 m. aprox.
13.15 SENIOR-PROMESA Homes 4.000 m. aprox.

11.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

(1*): Indo hacia Monforte, hai que cruzar o río Miño,que nos queda á nosa esquerda, e imos dar a un complexo deportivo. É ahí onde se celebran tódalas carreiras .

---O día 10 de febreiro celébrase o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR de cross en idade escolar da Xunta de Galicia, no Concello de Nigrán-Chandebrito a partir das 10:30 h.

--O día 17 de febreiro : Trofeo San Miguel de Oia de Cross Federado(QUEDA SUSPENDIDO POLO DE AGORA)

---O día 23 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR(XUNTA DE GALICIA) en PONTEVEDRA naILLA DAS ESCULTURAS .A esta proba asistirán os atletas infantiles masculinos e femininos por equipos ; e, en individual a cadete Remedios Rodríguez Freiría.Terán que estar ás 10 horas no lugar da competición.

Tamén se celebra en Santiago o Campionato Galego Junior.

---O día 24 de febreiro celébrase en O Porriño o Cross escolar de Xóvenes atletas ( no casco urbán).Os atletas teñen que estar no circuíto ás 9:30 h. xa que as probas comezan ás 10:30 h. e incluso se poden xuntar varias categorías según o nº de atletas a participar.


Sobre estas carreiras ampliarase información en canto se teña de maneira oficial. Seguide visitando esta entrada durante o mes de febreiro.
Saúdos
A directiva

6.1.08

Fase zonal de cross escolar Xunta de Galicia

Benqueridos atletas!

Xa estamos no 2008, e temos que empezar a entrenar con forzas e optimismo.

O vindeiro día 20 de xaneiro celébrase en Baiona o Zonal de cross en idade escolar( isto quere dicir que compiten desde os mais pequenos ata cadetes)-
Ánimo e sorte na tempada!

2.12.07

Calendario decembro(exc. 2/12 xa coñecido)

Estimados socios/as :

Quédannos tres carreiras FEDERADAS en decembro :

1)--O día 9 de decembro:Carreira de cross en Moaña.(Alameda). Federada.
Ás 10: 30 h.

2)--O día16 de decembro: Memorial Abanqueiro. Castrelos.Federado. Ás 10 h.
HAI QUE CORRER CON ZAPATILLAS DE CRAVOS

3)--O día 23 de decembro: Carreira do pavo. Praza de Compostela.Vigo.Federado. Ás 10 H.

LEMBRADE :

(1) Cando algún atleta :
----non poida asistir ás sesións de entrenamento habituais, ou
----non poida asistir a algunha carreira

DEBERÁ COMUNICALO Ó ENTRENADOR.


(2) Os/as atletas deben estar unha hora antes da carreira para recibir as instruccións do seu entrenador e facer os exercicios correspondentes de quecemento.


Graciñas pola vosa colaboración.


Feliz Nadal a todos!


Que o vindeiro ano 2008 veña cargadiño de saúde, optimismo e forzas para tódolos/as atletas,os seus familiares, o seu entrenador e ,en xeral, toda a comunidade deportiva!

A Xunta directiva