Mostrando entradas con la etiqueta información do club. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta información do club. Mostrar todas las entradas

21.1.08

Avance de calendario do mes de febreiro /próximas competicións

Para o mes de febreiro temos carreiras MOI importantes:

AVISO IMPORTANTE: (LEMBRÁDEVOS SEMPRE )
HAI QUE LEVAR AS ZAPATILLAS DE CRAVOS A TÓDALAS CARREIRAS durante toda a tempada.NALGUNHAS USARANSE E NOUTRAS NON.

HAI QUE ESTAR UNHA HORA ANTES DO HORARIO DA CELEBRACIÓN DA CARREIRA, PARA RECIBIR AS INSTRUCCIÓNS DO ENTRENADOR, VER O CIRCUÍTO, E FACER UN QUECEMENTO AXEITADO E COMPLETO.

---O día 3 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO FEDERADO en Ourense- na modalidade de cross para as categorías desde benxamín a absoluto exceptuando a categoría junior, que se celebrará individualmente.

CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS A CELEBRAR EN OURENSE(CIRCUITO DE OIRA) preto da ponte do Milenio([1]*)
O DÍA 03 DE FEBREIRO DE 2008

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE categorías MENORES

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
10.30 BENXAMIN Mulleres e Homes 800 m. aprox.
10.45 ALEVIN Mulleres 1.500 m. aprox.
11.00 ALEVIN Homes 2.000 m. aprox.
11.20 INFANTIL Mulleres 2.000 m. aprox
11.40 INFANTIL Homes 2.750 m. aprox

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CAMPO A TRAVES
INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.00 CADETE E XUVENIL Mulleres 3.300 m. aprox.
12.20 CADETE E XUVENIL Homes 5.250 m. aprox.

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS (CROSS CURTO)

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.45 SENIOR-PROMESA Mulleres 4.000 m. aprox.
13.15 SENIOR-PROMESA Homes 4.000 m. aprox.

11.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

(1*): Indo hacia Monforte, hai que cruzar o río Miño,que nos queda á nosa esquerda, e imos dar a un complexo deportivo. É ahí onde se celebran tódalas carreiras .

---O día 10 de febreiro celébrase o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR de cross en idade escolar da Xunta de Galicia, no Concello de Nigrán-Chandebrito a partir das 10:30 h.

--O día 17 de febreiro : Trofeo San Miguel de Oia de Cross Federado(QUEDA SUSPENDIDO POLO DE AGORA)

---O día 23 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR(XUNTA DE GALICIA) en PONTEVEDRA naILLA DAS ESCULTURAS .A esta proba asistirán os atletas infantiles masculinos e femininos por equipos ; e, en individual a cadete Remedios Rodríguez Freiría.Terán que estar ás 10 horas no lugar da competición.

Tamén se celebra en Santiago o Campionato Galego Junior.

---O día 24 de febreiro celébrase en O Porriño o Cross escolar de Xóvenes atletas ( no casco urbán).Os atletas teñen que estar no circuíto ás 9:30 h. xa que as probas comezan ás 10:30 h. e incluso se poden xuntar varias categorías según o nº de atletas a participar.


Sobre estas carreiras ampliarase información en canto se teña de maneira oficial. Seguide visitando esta entrada durante o mes de febreiro.
Saúdos
A directiva

6.1.08

Fase zonal de cross escolar Xunta de Galicia

Benqueridos atletas!

Xa estamos no 2008, e temos que empezar a entrenar con forzas e optimismo.

O vindeiro día 20 de xaneiro celébrase en Baiona o Zonal de cross en idade escolar( isto quere dicir que compiten desde os mais pequenos ata cadetes)-
Ánimo e sorte na tempada!

2.12.07

Calendario decembro(exc. 2/12 xa coñecido)

Estimados socios/as :

Quédannos tres carreiras FEDERADAS en decembro :

1)--O día 9 de decembro:Carreira de cross en Moaña.(Alameda). Federada.
Ás 10: 30 h.

2)--O día16 de decembro: Memorial Abanqueiro. Castrelos.Federado. Ás 10 h.
HAI QUE CORRER CON ZAPATILLAS DE CRAVOS

3)--O día 23 de decembro: Carreira do pavo. Praza de Compostela.Vigo.Federado. Ás 10 H.

LEMBRADE :

(1) Cando algún atleta :
----non poida asistir ás sesións de entrenamento habituais, ou
----non poida asistir a algunha carreira

DEBERÁ COMUNICALO Ó ENTRENADOR.


(2) Os/as atletas deben estar unha hora antes da carreira para recibir as instruccións do seu entrenador e facer os exercicios correspondentes de quecemento.


Graciñas pola vosa colaboración.


Feliz Nadal a todos!


Que o vindeiro ano 2008 veña cargadiño de saúde, optimismo e forzas para tódolos/as atletas,os seus familiares, o seu entrenador e ,en xeral, toda a comunidade deportiva!

A Xunta directiva

11.11.07

Avance de calendario de competicións

Sociedad atlética Val Miñor

Estimados socios/as :
Aproveitamos para saudarvos e transmitirvos información relacionada coas competicións desta tempada 2007-2008.
É IMPORTANTÍSIMO ler con a tención:

Os/as atletas teñen que asistir a todas as carreiras vestidos co uniforme do club( roupa de correr, chándal e ,si a situación o require, chuvasqueiro e/ou sudadeira).

Os/as atletas que suban a podio, farano sempre vestidos co chándal do club (pantalón e chaqueta debidamente atada).

Os atletas terán que estar no lugar onde se celebre cada proba 45 minutos antes do seu comezo, para recibir instruccións do entrenador e facer ejercicios de quecemento.

Nas carreiras escolares as categorías dos/as atletas corresponden cos seguintes anos de nacemento:

BENXAMÍNS
1998-1999
ALEVÍNS
1996-1997
INFANTÍS
1994-1995
CADETES
1992-1993

Nas carreiras federadas as categorías dos/as atletas corresponden cos anos de nacemento:
Benxamíns
1999-2000
Alevíns
1997-1998
Infantís
1995-1996
cadetes
1993-1994
Xuvenís
1991-1992
junior
1989-1990
A continuación ofrecémosvos o calendario das carreiras máis inmediatas:
DÍA,LUGAR, TIPO, CATEGORÍAS , HORA DE COMEZO

NOVEMBRO

Dia 11 : Intersport. Porriño..( Cross federado) ..Prebenx. a Veteranos..10 H
Día 18: San Martiño..Ourense.. (Carr.Popular Federada) ..convoca o entrenador.. 10H
ós atletas participantes.
Día 25: Cangas.Alameda vella..(Carr. Pedestre Federada) ..Prebenx. a Veteranos..10 H

DECEMBRO

Día 02: Zonal(QUEDOU APRAZADO PARA XANEIRO, O DÍA 20)
. Baiona (Cross escolar)..benxamíns a cadetes.(Nados do 92 ó 99)..10 H
Desta proba saen clasificados os atletas que participarán no campionato provincial de cross escolar, polo tanto é obrigatoria a participación dos atletas benxamíns a cadetes.

Día 02: Mem.Belarmino Alonso(C.a través federado.. os nados no ano 1998 e anteriores, . .ATA SENIOR ..10H ¡ ollo! os benxamíns non compiten nesta carreira.HAI QUE LEVAR ZAPATILLAS DE CRAVOS.

Día 16: Mem. A. Abanqueiro.Castrelos ..( Cross federado).. Prebenx. a Cadete..10H


Cross “Xóvenes atletas” tempada 2007-2008
Data e Lugar do cross

16-12-07 AVA(Mem.Abanqueiro en Castrelos)

24-02-08 Atletismo Porriño

02-03-08 Colexio Sobreira.Valadares

09-03-08 Colexio Coutada. Beade

16-03-08 San Miguel de Oia( No merendeiro no monte)

06-04-08 Colexio Párroco Don Camilo.S. Andrés de Comesaña

13-04-08 Colexio Picacho

20-04-08 Colexio Mosteiro .Membrive

27-04-08 Colexio Josefa Alonso.Matamá

11-05-08 Colexio Castro San Miguel (Parque de Castrelos)

17-05-08 Colexio Serra Vincios.Campo de futbol

31-05-08 VIII Memorial Manuel Barros.Gondomar(organizado pola S.A. Val Miñor
08-06-08 Final Xóvenes Atletas (Universidade de Vigo)

Enviarase calendario mensual das carreiras actualizado

Dámola benvida a tódolos atletas que se incorporan a este club na presente tempada


Saúdos da directiva do club para tódolos atletas e mailos seus pais

6.11.07

Despedida de tempada

O pasado día 20 de outubro , o club celebrou a despedida da tempada 2006-2007.

A Xunta Directiva organizou unha xuntanza para despedir a tempada xunto cos/as atletas, os seus pais e mailo entrenador.


Cada atleta foi agasallado cunha orla que recolle as fotos dos compa-
ñeiros da pasada tempada e mailo seu entrenador.

Tamén houbo petiscos!!!

Aínda que non incluimos na orla ós atletas da categoría absoluta, transmitímoslle igualmente os nosos parabéns.

Parabéns a tódolos/as atletas pola boísima tempada atlética que nos ofreceron a todos !!!


30.8.07

Comezo dos entrenamentos despois do periodo vacacional

O vindeiro día 4 de setembro retomamos os entrenamentos.
A partires de agora vai haber unha pequena modificación:

· Comezo dos adestramentos: o día 1 de setembro que se trasladará ao 1º día de entrenamento coincidindo co día 4 de setembro(martes).
· Lugar de presentación: No C.D.L. ás 18 horas do día 4 de setembro.
· Lugar onde se van levar a cabo os adestramentos: O campo de fútbol das cercas, coa súa pista (de xabre), unha vez rematadas as obras, e mailos seus aledaños.
· Días: Os adestramentos serán os martes, xoves e venres hábiles comprendidos desde o 1º de setembro ata o día 31 do mes de xullo. En agosto haberá descanso vacacional.
· Horario:Das 18 H ás 20 horas, manténdose o mesmo horario para tódolos días de adestramento.Xa informaremos sobre cando se poderá empezar a usar o servizo de vestiarios.
Non esquezades que o remate da tempada será en outubro.
No mes de novembro escomeza a nova tempada 2007-2008 de competición atlética.
Irémosvos informando.
Saúdos a todos!
Ata entón!