21.1.08

Avance de calendario do mes de febreiro /próximas competicións

Para o mes de febreiro temos carreiras MOI importantes:

AVISO IMPORTANTE: (LEMBRÁDEVOS SEMPRE )
HAI QUE LEVAR AS ZAPATILLAS DE CRAVOS A TÓDALAS CARREIRAS durante toda a tempada.NALGUNHAS USARANSE E NOUTRAS NON.

HAI QUE ESTAR UNHA HORA ANTES DO HORARIO DA CELEBRACIÓN DA CARREIRA, PARA RECIBIR AS INSTRUCCIÓNS DO ENTRENADOR, VER O CIRCUÍTO, E FACER UN QUECEMENTO AXEITADO E COMPLETO.

---O día 3 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO FEDERADO en Ourense- na modalidade de cross para as categorías desde benxamín a absoluto exceptuando a categoría junior, que se celebrará individualmente.

CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS A CELEBRAR EN OURENSE(CIRCUITO DE OIRA) preto da ponte do Milenio([1]*)
O DÍA 03 DE FEBREIRO DE 2008

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE categorías MENORES

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
10.30 BENXAMIN Mulleres e Homes 800 m. aprox.
10.45 ALEVIN Mulleres 1.500 m. aprox.
11.00 ALEVIN Homes 2.000 m. aprox.
11.20 INFANTIL Mulleres 2.000 m. aprox
11.40 INFANTIL Homes 2.750 m. aprox

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CAMPO A TRAVES
INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.00 CADETE E XUVENIL Mulleres 3.300 m. aprox.
12.20 CADETE E XUVENIL Homes 5.250 m. aprox.

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS (CROSS CURTO)

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.45 SENIOR-PROMESA Mulleres 4.000 m. aprox.
13.15 SENIOR-PROMESA Homes 4.000 m. aprox.

11.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

(1*): Indo hacia Monforte, hai que cruzar o río Miño,que nos queda á nosa esquerda, e imos dar a un complexo deportivo. É ahí onde se celebran tódalas carreiras .

---O día 10 de febreiro celébrase o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR de cross en idade escolar da Xunta de Galicia, no Concello de Nigrán-Chandebrito a partir das 10:30 h.

--O día 17 de febreiro : Trofeo San Miguel de Oia de Cross Federado(QUEDA SUSPENDIDO POLO DE AGORA)

---O día 23 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR(XUNTA DE GALICIA) en PONTEVEDRA naILLA DAS ESCULTURAS .A esta proba asistirán os atletas infantiles masculinos e femininos por equipos ; e, en individual a cadete Remedios Rodríguez Freiría.Terán que estar ás 10 horas no lugar da competición.

Tamén se celebra en Santiago o Campionato Galego Junior.

---O día 24 de febreiro celébrase en O Porriño o Cross escolar de Xóvenes atletas ( no casco urbán).Os atletas teñen que estar no circuíto ás 9:30 h. xa que as probas comezan ás 10:30 h. e incluso se poden xuntar varias categorías según o nº de atletas a participar.


Sobre estas carreiras ampliarase información en canto se teña de maneira oficial. Seguide visitando esta entrada durante o mes de febreiro.
Saúdos
A directiva

No hay comentarios: