A Sociedad atlética Val Miñor vese representada no campionato provincial de campo a través celebrado o día 10 de febreiro en Chandebrito( Concello de Nigrán).
Por equipos os atletas apúntanse 3 ouros, e na modalidade individual: 2 ouros, 3 pratas e 3 bronces, nas distintas categorías.
Na categoría alevín feminino o ouro é para Sandra Rodríguez Freiría que tras percorrer 1460 metros entra
en liña de meta cun tempo de 6,12 min; a prata é para Mónica Rodríguez Alvarez e o bronce para Carla Cabrera Alonso:Séguenas uns postos mais atrás Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar. Con esta clasificación quedan en 1º lugar por equipos.
Na categoría alevín feminino o ouro é para Sandra Rodríguez Freiría que tras percorrer 1460 metros entra
En Alevín masculino o subcampión individual é o atleta Anxo Veiga Amorín que despois de percorrer 1940 metros chega a meta en 7,02 min. Ségueno os seus co
mpañeiros, Lois Mariño Hermida (en 5º lugar) e uns postos despois Manuel Costa Camarero. A indisposición de dous compañeiros seus non fixo posible que puntuaran por equipos.
En infantil feminino vólvese tinxir de verde o podio na clasificación individual coas atletas de Val Miñor:Jenny Fernández Massó ocupando o 1º posto despois de percorrer 1940 metros en 6,59 minutos, seguida das súas compañeiras Victoria Rodríguez Freiría (2º posto)e Patricia Pereira Martínez en 3º p
osto.Séguenas uns postos despois Laura Varela Estévez (9º)e Rocío Rodríguez Martínez .Por equipos ocupan o 1º posto.
Na categoría infantil masculina fanse co 1ºposto por equipos os atletas: Alexandre Enríquez Blandón, John Mikel Besada Fernández, Aarón Misa García , José Antonio Dacosta Estévez, Damián Esmerode Domínguez e Aitor Da Rocha Cajaraville.
En cadete feminino destaca o 3º posto da atleta Remedios
Rodríguez Freiría, seguida de Elisa Tarrio Herva uns postos mais atrás.
Tamén é de valorar o esforzó dos benxamíns masculinos: Francisco José Rodríguez Freiria, Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez que non puideron puntuar por equipos debido á falta dun compañeiro de equipo.
En cadete feminino destaca o 3º posto da atleta Remedios
Tamén é de valorar o esforzó dos benxamíns masculinos: Francisco José Rodríguez Freiria, Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez que non puideron puntuar por equipos debido á falta dun compañeiro de equipo.
Desde a Xunta directiva transmitimos a tódolos atletas a nosa FELICITACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario