30.8.07

Comezo dos entrenamentos despois do periodo vacacional

O vindeiro día 4 de setembro retomamos os entrenamentos.
A partires de agora vai haber unha pequena modificación:

· Comezo dos adestramentos: o día 1 de setembro que se trasladará ao 1º día de entrenamento coincidindo co día 4 de setembro(martes).
· Lugar de presentación: No C.D.L. ás 18 horas do día 4 de setembro.
· Lugar onde se van levar a cabo os adestramentos: O campo de fútbol das cercas, coa súa pista (de xabre), unha vez rematadas as obras, e mailos seus aledaños.
· Días: Os adestramentos serán os martes, xoves e venres hábiles comprendidos desde o 1º de setembro ata o día 31 do mes de xullo. En agosto haberá descanso vacacional.
· Horario:Das 18 H ás 20 horas, manténdose o mesmo horario para tódolos días de adestramento.Xa informaremos sobre cando se poderá empezar a usar o servizo de vestiarios.
Non esquezades que o remate da tempada será en outubro.
No mes de novembro escomeza a nova tempada 2007-2008 de competición atlética.
Irémosvos informando.
Saúdos a todos!
Ata entón!

Memorial Mario Puentes, celebrado o 15 de agosto de 2007 no arenal de Praia América

A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Nigrán celebran con éxito o XII Memorial Mario Puentes nos arenais de Praia América.

É un evento de atletismo de carácter internacional, no que participaron atletas relevantes masculinos e femininos de talla nacional e internacional.

O comezo das probas foi ás 11:00 h da mañá e a carreira popular de 6 km principiou ás 11:45 h .Todo se desenvolveu con absoluta normalidade. Este ano tanto os atletas como os espectadores non tiveron que resistir as altas temperaturas propias destas datas, incluso resultou mais levadeiro para os atletas participantes.
.
Esta proba está dentro da categoría de carreiras en ruta e inscrita na Federación Española e Galega de Atletismo sendo unha proba de carácter nacional e asentada dentro do calendario das devanditas federacións. Por este motivo, na participación deste XII Memorial Mario Puentes e anteriores ven sendo costume a inscripción de atletas de talla autonómica, nacional e internacional.
A proba está dirixida e baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo da Delegación de Vigo.
A carreira descorreu a través de Praia América, coa saída desde o peirao de Panxón. É un circuíto cha sobre a area mollada, con marea baixa. Ó final da carreira popular celébrouse outra para os mais pequenos con medallas conmemorativas da proba para todos eles.

Este ano mais dun millar de atletas déronse cita nos arenais de Praia América (no Peirao de Panxón) onde estaba situada a liña de saída para tódalas categorías.Foi un ambiente de moita espectación entre familiares dos participantes, amigos, curiosos e demais persoas que se achegaron ó arenal para presenciar o atletismo en directo con participación tanto feminina como masculina e en idades desde os 4 anos (carreira dos mais pequenos, os pitufos) en diante, sen límite de idade.

Tódolos atletas correron con chip.

Os/as atletas da Sociedad Atlética Val Miñor acadan postos relevantes no podio.Conta con atletas que prometen moito dentro das categorías escolares.Non temos que esquecer os atletas absolutos.
Os/as atletas que subiron a podio nas distintas categorías son os/as seguintes:

Prebenxamíns femin.

Nome T_Final CLUB
Antía Fernández Fernández 0:03:54 Club atletismo Porriño
Antia Alonso Vila 0:04:15 C.S.C.R. Beade
Marta Varela Varela 0:04:26 Atletismo Porriño

Prebenxamín masc.

PtoCat Dorsal Nome T_Final CLUB
PBJM / 1 Manuel Prieto Parada 0:03:55 Independiente
PBJM / 2 Brais Villar Vieitez 0:03:56 COMESAÑA SPORTING CLUB
PBJM / 3 Iago Rodríguez-Toubes De La Cuesta 0:03:59

Benxamín femin.

PtoCat Dorsal Nome T_Final CLUB
BENF / 1 Iria Rodriguez Huertas 0:03:10 Atletismo Porriño
BENF / 2 Noelia Graña Casas 0:03:20 VILA DE CANGAS
BENF / 3 Sara González González 0:03:33 San Miguel de Oya

Benxamín masc.

PtoCat Dorsal Nome T_Final CLUB
BENM / 1 Pedro Acuña López 0:03:10 Independiente
BENM / 2 Anxo Vilas Fernández 0:03:14 Independiente
BENM / 3 Daniel González Brito 0:03:22 S.A.Val Miñor

Alevín femin.

PtoCat Nome T_Final CLUB
ALEF / 1 Angela Gonzalez Fernandez 0:05:13 San Miguel de Oia
ALEF / 2 Carla Cabrera Alonso 0:05:21 S.A.Val Miñor
ALEF / 3 Sandra Rodríguez Freiría 0:05:22 S.A.Val Miñor

Alevín masc.

PtoCat Nome T_Final CLUB
ALEM / 1 Anxo Veiga Amorín 0:04:51 S.A.Val Miñor
ALEM / 2 Lois Mariño Hermida 0:04:52 S.A.Val Miñor
ALEM / 3 Mario Gimenez Anton 0:05:16 Club atletismo Porriño

Infantil femin.

PtoCat Nome T_Final CLUB
INFF / 1 Yenny Fernández Massó 0:04:54 S.A.Val Miñor
INFF / 2 Patricia Pereira Martínez 0:04:58 S.A.Val Miñor
INFF / 3 Rocío Rodríguez Martínez 0:05:00 S.A.Val Miñor

Infantil masc.

PtoCat Nome T_Final CLUB
INFM / 1 Roi Rodriguez Huertas 0:04:44 Atletismo Porriño
INFM / 2 Ivan Rodriguez Maceira 0:04:48 Suarez Marquier
INFM / 3 John Mikel Besada Fernández 0:04:50 S.A.Val Miñor

Cadete femin.

PtoCat Nome T_Final CLUB
CADF / 1 Leticia Fernández Barbosa F- 12 0:23:53 OURENSE ATLETISMO ACADEMIA POSTAL
CADF / 2 Paula Nemiña Lires F- 21 0:27:30 Atletismo Costa da Morte
CADF / 3 Ainara Lozan Canosa F- 23 0:27:34 Costa Da morte

Cadete masc.

PtoCat Nome T_Final CLUB
CADM / 1 Samuel Rodriguez Gomez 0:21:35 C.S.C.R. Beade
CADM / 2 Mikel Anakabe Ondarre 0:22:00 Mintxeta
CADM / 3 Hugo Loureiro Cerqueira 0:22:06 Club Atletismo Cuntis

Xuvenil femin.

PtoCat Nome T_Final CLUB
JUVF / 1 Angela Lomba Valtierra 0:33:38 S.A.Val Miñor
JUVF / 2 Diana Gonzalez Dacosta 0:37:05 S.A.Val Miñor

Xuvenil masc.

PtoCat Nome T_Final CLUB
JUVM / 1 David Cabezas Pereira 0:19:12 OURENSE ATLETISMO ACADEMIA POSTAL
JUVM / 2 Fernando Tarrio Herva 0:20:48 C.S.C.R. Beade
JUVM / 3 Gilberto Costas Penedo 0:21:32 Club San Miguel de Oya

Junior femin.

PtoCat Nome T_Final CLUB
JUNF / 1 Paula Mayobre Gonzalez 0:21:39 RIA FERROL CONCEPCIÓN ARENAL
JUNF / 2 Solange Andreia Pereira 0:23:09 PLAYAS DE JANDIA
Junior masc.

PtoCat Nome T_Final CLUB
JUNM / 1 Pedro Vieira 0:19:36 Nucleo Atletismo Joane
JUNM / 2 David Gonzalez Fernandez 0:20:24 VILA DE CANGAS
JUNM / 3 Brais Misa García 0:20:34 S.A.Val Miñor


Carreira absoluta clasificación xeral masculina

Pto Nombre PtoCat T_Final CLUB
1 Manuel Angel Penas Blanco PRO-SM- 1 0:17:15 PUMA CHAPIN DE JEREZ
2 José Rocha Rocha PRO-SM- 2 0:17:18 Maratona Clube de Portugal
3 Elías Salvador Domínguez Cabral VETAM- 1 0:17:38 CLUB DE CORREDORES VIG-BAY
4 Pedro Nimo Del Oro PRO-SM- 3 0:17:48 CCM-RAYET UNIÓN GUADALAJARA
5 Alejandro Martinez Fernandez PRO-SM- 4 0:18:12 UNIVERSIDAD DE LEON
6 Ramon Serantes Gomez VETAM- 2 0:18:19 PLAYAS DE JANDIA





Carreira absoluta clasificación xeral feminina


Pto Dorsal Nombre T_Final RitmoKm Club
1 Leonor Carneiro 0:19:26 3:14 Maratona
2 Elsa Marisa Barros 0:19:42 3:17 S.P. C. Braga
3 María Jesús Gestido Rguez 0:21:01 3:30 RIA FERROL CONCEPCIÓN ARENAL
4 Doroteia Peixoto 0:21:22 3:34 Açoreana Seguros
5 Paula Mayobre Gonzalez 0:21:39 3:36 RIA FERROL CONCEPCIÓN ARENAL
6 Chus Valiño Novo 0:21:56 3:39 RIA FERROL CONCEPCIÓN ARENAL

Noraboa a todos!

19.6.07

A Sociedade Atlética Val Miñor, coa súa sede no concello de Gondomar, xa é coñecida a nivel nacional nas categorías escolares


O pasado día 15 de xuño algúns atletas de Val Miñor, corren en pista, no I Trofeo A.V.A. nas Pistas Municipais de Balaídos (Vigo), acadando resultados importantes.

A Sociedade Atlética Val Miñor, coa súa sede no concello de Gondomar, xa é coñecida a nivel nacional nas categorías escolares despois de que a atleta Yenny Fernández Massó da categoría infantil feminina acadara a mellor marca nacional en pista na modalidade de 3.000 metros, cunha marca de 10min 45seg 57 centésimas.O 3º posto na mesma modalidade e categoría acádao Victoria Rodríguez Freiría en 11min 03seg 10 centésimas.Rocío Martínez e Laura Varela tamén conseguen postos relevantes.
Tamén as cadetes acadan postos importantes. Remedios Rodríguez Freiría acada o 2º posto cun tempo de 11min 16 seg 82 centésimas, e Raquel Rodríguez Casaleiro en 3º lugar con 11min 22seg 77cent.na mesma modalidade de 3.ooo metros lisos.

Na modalidade de 500 metros lisos, esta vez compiten atletas benxamíns masc., alevíns masculino e feminino e infantís masc.

Os benxamíns Daniel González Brito acada o 4º posto chegando a meta en 1min 48 seg 59 cent; Francisco Rodríguez Freiría faino en 1min50seg56 cent acadando o 6º posto. Tamén participan os atletas Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez.
En alevíns mulleres destaca Carla Cabrera Alonso no 1º posto cun tempo de 1min29seg 88cent. O 4º,6º e 7º posto acádano as compañeiras de club Carla Caride Sanromán(1min36seg 97cent ), Sandra Rodríguez Freiría (1min39seg 08cent) e Raquel Gómez Villar (1min40seg80cent).
Os Alevíns homes consiguen facer o circuíto e acadar o 2º, 4º e 5º posto Lois Mariño Hermida(1min28seg 53 cent)., Anxo Veiga Amorín (1min32seg11cent) ,Manuel Costa Camarero (1min34seg 16cent).Uns postos mais atrás entra na meta Nicolás Mariño Hermida en 1min45seg 82 cent.

En infantil homes corren Alexandre Enríquez Blandón que cruza a liña de meta nun tempo de 1min23seg 39 cent , acadando o 2º posto. Damián Esmerode Domínguez entra uns postos mais atrás nun tempo de 1min37seg 61cent.
Noraboa a tódolos/as atletas!

5.6.07

VII cross en idade escolar en Asturias-Candás e carreira popular en Luanco-Candás

Destacadísima actuación da Sociedade Atlética Val Miñor no cross celebrado en Asturias( Candás).

Os atletas da Sociedade Atlética Val Miñor desprazáronse o pasado fin de semana a Asturias co fin de participar nun evento deportivo de cross, no concello de Carreño-Candás
Esta carreira está inscrita no calendario de competicións da Federación Asturiana de atletismo, e desenvolveuse polas rúas de Candás e Luanco(Concello de Carreño).

O grupo de atletas, acompaña dos polo seu entrenador e membros e socios do club, partiu hacia Asturias o venres pola mañá para alí concentrarse e asistir ó día seguinte á devandita proba.
Foi unha grande experiencia para os atletas, xa que puideron competir con rivales de outra comunidade autónoma que posúen unha canteira relevante dentro do ámbito español. Iso non soe ser moi frecuente, xa que supón un custo económico elevado, pero é unha forma de motivar ós atletas e fomentar a participación a distinta escala, así como de valorar as súas cualidades.

Os atletas da Sociedade atlética Val Miñor conseguen un total de 6 ouros, 3 pratas e 2 bronces, nas categorías:alevín , infantil, cadete e junior.
Cabe destacar que as categorías na FAA (Federación Asturiana de Atletismo), non se corresponden coas mesmas franxas de idades da FGA (Federación Galega de Atletismo).
Así:
En Alevín masc:Lois Mariño Hermida acada o 1º posto, Dani Glez Brito o 5º, e Dani Rguez o 7º posto.
En Alevín Femin.:Carla Cabrera Alonso acada o 2º posto no podio, seguida de Carla caride, Raquel Gómez e Sara Rguez .
En infantil masc: John Mikel Besada Fdez acada o 1º posto seguido dos compañeiros de club:Aarón Misa García, José Antonio Dacosta Estévez , Anxo Veiga Amorín e Damián Esmerode.
En infantil fem: Jenny Fdez Massó e Victoria Rguez Freiría acadan o 1º e 2º posto no podio, seguidas das súas compañeiras:Patricia Pereira Martínez, Laura Varela Estévez e Sandra Rguez Freiría.
En cadete masc: Alex Enríquez Blandón e Jorge González Martínez acadan o 2º e 3º posto.
En Cadete fem: Raquel Rodríguez Casleiro e Rocío Rguez Martínez acadan o 1º e 2º posto seguidas da súa compañeira Sara Marquez Rguez.
En xuvenil femin: Remedios Rguez Freiría acada o 1º posto , e Raquel Padín Pérez xunto con Angela Lomba Valtierra consiguen o 4º e 5º posto respect.
En junior masc: Brais Misa García e Agustín Sobrado Menoni acadan o 1º e 3º posto respect.
En Junior femin:a atleta Diana González Dacosta acada o 1º posto.
É de destacar a grande actuación dos atletas benxamíns masc: Daniel Rodríguez Estévez e Denís Mariño Hermida.

28.5.07

Memorial Manuel Barros, celebrado o 26-05-2007 en Gondomar

A Sociedad Atlética Val Miñor celebra o Mem. Manuel Barros con éxito

A Sociedad Atlética Val Miñor organizou o sábado 26 de maio en Gondomar o VII Memorial Manuel Barros, a partires das 17:30 h da tarde.Colabora na súa organización o Concello de Gondomar e maila súa Concellaría de deportes.

É unha carreira na que participaron nenos e maiores,e está baixo o control técnico do comité de xuíces da delegación de atletismo de Vigo.






Mais dun millar de atletas dábanse cita en Gondomar.
Foi unha carreira con unha elevada participación de atletas masc. e femin. nas distintas categorías desde escolares ata absolutas , todo un éxito.
Ano tras ano supéranse as espectativas en canto a participación de atletas.

O Memorial Manuel Barros está dentro da categoría de carreiras en ruta e inscrita na Federación Española e Galega de atletismo sendo esta unha proba de carácter nacional e asentada dentro do calendario das devanditas federacións. Este ano homologouse o circuíto na federación española, polo tanto as marcas dos atletas quedarán rexistradas e tidas en conta nas devanditas federacións para calquera campionato das mesmas.
Por este motivo, na participación deste VII Memorial Manuel Barros e anteriores vén sendo costume a inscrición de atletas de talla nacional e internacional.
Os atletas da Sociedade Atlética Val Miñor acadan postos relevantes no podio.
Este ano incorporamos unha novidade na carreira, tódolos atletas correron con chip.

Este ano contamos coa presenza de:
---Pedro Nimo del Oro: Campeón Galego de cross 2007.
Tamén campión neste memorial.

---Julián Bernal Medina.Atleta veterano , o avó da carreira que conta con 88 anos, sendo de grande admiración velo chegar á liña de meta.

Nas Categorías escolares, os atletas de Val Miñor, soben a podio en moitas categorías:

--En prebenxamíns femin:Acadan o 1º,posto : Antía Fernández Fernández(Club atletismo Porriño), o 2º Paula da Rocha Prol ( S.A. Val Miñor)seguida de Marta Varela Varela( Club atletismo Porriño).
--En prebenxamín masc.:Fabio Yebra Garrido (S.A. Val Miñor)entra 1º en liña de meta seguido de Brais Villar Vieitez(Escola Atletismo Comesaña)e Anxo Iglesias Núñez ( CEIP Souto Donas)que acada o 3º posto.
-- En Benxamíns: na modalidade femin.:o 1º,2º e 3º posto acádano:Carla Leirós García(Escola atletismo Comesaña), Yetimwork Barciela Alén(Club atletismo Porriño) e Sara González González
--En benjamín masc: Javier Costas Rodríguez(Suarez Marquier),Maico Rodríguez Rguez(Serra Vincios) e Pedro Monroy Iglesias(Igrexa Valadares) acadan o 1º,2º e 3º posto.
--En alevíns femin:Son Claudia Rojo Cazorla(Club Ría de Ferrol),Carla Cabrera Alonso(S.A. Val Miñor),e Clara Domínguez Fontán(Escola atletismo Comesaña)as atletas que ocupan o 1º,2º e 3º posto no podio respect.
-- En alevín masc.:Acada o 1º posto Anxo Veiga Amorín(S.A. Val Miñor),o 2º David Santorio Vila(Beade) e Lois Mariño Hermida(S.A. Val Miñor) o 3º posto
--En infantis femin: Jenny Fernández Massó(S.A. Val Miñor) ,Victoria Rodríguez Freiría(S.A. Val Miñor) e Rocío Rodríguez Martínez(S.A. Val Miñor), acadan os tres primeiros postos nesta orde.
--En infantil masc.:entra 1º en liña de meta Alexandre Enríquez Blandón(S.A. Val Miñor),2º Yago González Rodríguez(Beade) e 3º John Mikel Besada Fernández(S.A. Val Miñor).
--En cadetes femin.:Entra 1ª en liña de meta Remedios Rodríguez Freiría (S.A. Val Miñor),María Vilariño Treinta(Club atletismo Porriño),Samia Zahidi Esabiqui(Club atletismo Porriño) acadan o 1º,2º e 3º posto respect.
--En Cadete masc.:Samuel Rodríguez Gómez(Beade),Eric Calvo González(Club AVA) ,Miguel Angel Rivero Sias, e José Luis Dacosta Marcos(IES Auga da Laxe)acadan os 4 primeiros postos.
--En xuvenil femin.:María Martínez González(Club atletismo Porriño), Raquel Padín Pérez(S.A. Val Miñor) e Patricia Quintas Carreira(Comesaña Sporting Club) acadan os tres primeiros postos respect.
--En Xuvenil masc.Gilberto Costas Penedo(S. Miguel de Oia),Manuel Martínez Ageitos(Ourense-atlet.Academia Postal) e Iván Rúa Bernardo(S.A. Val Miñor) acadan o 1º,2º e 3º posto respect.
--En Junior femin.o primeiro posto é para Mónica Fernandez(Arcos de Valdevez)
--En Junior masc.Sergio Iglesias Alonso(C.S.C:R.Beade),Anselmo Cerqueira , Brais Misa García(S.A. VAl Miñor),Agustín Sobrado Menoni(S.A. VAl Miñor) acadan os 4 primeiros postos respect.
--En promesa senior femin:os tres primeiros postos acádanos:Susana Castro Pena(Ría de Ferrol),Patricia García González(Ría de Ferrol) e Elena del Mar Naviero Parada(Atmo.Venturiña-Mariscos Jacobo de o Grove).
--En promesa senior masc:Entra 1º en liña de meta o galego: Pedro Nimo del Oro actual campión galego por varios anos consecutivos que está fichado polo clube CCM-Rayet Unión Guadalajara, seguido de José Antonio Ramallo Reboredo(Sociedad Gimnástica Pontevedra) e Alejandro Pesado Fernández(independiente).
--En Veteranos A (35 a 44 anos) fem:Entra 1ª en meta:Teresa Corral Marcos (Club Fluvial Lugo), seguida de Pilar Alemparte Roc(Queimada), Ana Isabel Rodríguez Expósito...
--En Veteranos A masc.(35 a 44 anos):Jesús de la Fuente entra primeiro en Meta, seguido de Elías Salvador Domínguez Cabral(Club corredores Vig-Bay), Ramón Serantes (Playas de Jandía),José Carlos Adán...
--En Veteranos B(45 a 54 anos) fem: Entran nos primeiros postos :Marina Laura Fdez López(Correrengalicia.org), Carmen Costas Rodríguez(Queimada), Carmen Novo Varela(Club fluvial Lugo)...
--En Veteranos B masc.:Antonio Fuertes Saavedra(S.A. Val Miñor) chega 1º seguido de Emilio Martínez Anta, Pablo Pérez Lago, Julio Manuel Gallo Fdez,...
--En veteranos C masc.( 55 anos en diante):Acada o 1º posto José Matías Regueira Boo(Atletismo e deportes do Barbanza),seguido de Roberto Rey González(Precisgal), Diamantino Coelho(Arcos de Valdevez).Nesta categoría correu o avó da proba que conta con 88 anos JULIÁN BERNAL MEDINA(C.D. Egovarros-Viveiro).
Participaron, entre outros os seguintes clubs: galegos, españoles e portugueses:
CCM-RAYET UNIÓN GUADALAJARA; Club Corredores Vig-Bay; PLAYAS DE JANDIA ; SOCIEDAD GIMNASTICA PONTEVEDRA; ATMO. VENTURIÑA-MARISCOS JACOBO (O Grove); triatlon muralla de lugo; ARCOS DE VALDEVEZ; CLUB ATLETISMO PORRIÑO; SAN MIGUEL DE OYA; PABELLON OURENSE; real club celta de vigo; Ourense Atletismo-Academia Postal; CLUB FLUVIAL LUGO; CAIO; ATHLETICS AVENTURA; BURGAS ATLETISMO OURENSE; COMESAÑA SPORTING CLUB; Club Atletismo Milladoiro; PRECISGAL; Atletismo Samertolameu; CLUB TRIATLON GALAICO-SERCOYSA; ATLETISMO E DEPORTES DO BARBANZA; CLUB ATLETISMO VIGO; C.A. CASTRELOS; RIA FERROL CONCEPCIÓN ARENAL; VIEIRASA; ATLETISMO BARBANZA DE POBRA; QUEIMADA; ARCOS DE VALDEVEZ; ATHLETICS AVENTURA; GIMNASTICO AREA; CORRERENGALICIA.ORG; VETERAN@S DE GALICIA; Atletas Veteranos Pabellón Ourense; GIMNASTICO AREA; C.D. Egovarros-Viveiro; SAN FERNANDO LUCUS; C.D. Egovarros-Viveiro...

O circuíto discurriu polas rúas de Gondomar para as categorías escolares ata cadetes, e polos arrabaldes do Concello para a carreira absoluta de 10 Km. Ó final da carreira celébrouse outra para os máis pequenos outorgando medallas a todos.
Este evento deportivo conmemórase o último sábado de Maio e desde o ano 2001 co patrocinio do Grupo Miñor Galicia S.L. e maila Concellalía de deportes do Concello de Gondomar, no afán de destacar a figura do Sr. D. Manuel Barros, que foi Presidente e fundador do devandito Grupo.

16.5.07

Campionato provincial de atletismo en pista ó aire libre para as categorías benxamín, alevín e infantil.







No campionato provincial de pista ó aire libre celebrado o sábado 12 de maio de 2007 nas pistas Municipales de Pontevedra, os atletas de Val Miñor acadan uns resultados relevantes:
Campións provinciais:
-Alevín fem .:Na modalidade de 1.000 m lisos : Carla Cabrera Alonso 1.000 m. Lisos cun crono de 3’27” 0.
-Infantil fem. modalidade 1.000 m lisos :Jenny Fernández Massó , en 3’11” 8.

Subcampións provinciais:
-Alevín fem .:Na modalidade de 1.000 m lisos: Sandra Rodríguez Freiría (3’34” 7)
-Alevín masc. En 1.000 m lisos: Anxo Veiga Amorín (3’19 “ 8).
-Infantil fem.En 1.000 m lisos: Laura Varela Estévez (3’23 “ 3 ).
-Infantil masc. En 3.000 m lisos: John Mikel Besada Fernández (11’02” 8)

Outros postos:

-4º e 5º posto alevín fem.en 1.000 m lisos: Carla Caride San Román (3’38” 5) e Raquel Gómez Villar (3’40” 2) respectivamente.
-3º e 9º posto alevín masc. en 1.000 m lisos: Lois Mariño Hermida (3’23” 5) e Manuel Costa Camarero ( 3’37” 6) respectivamente.
-3º posto infantil masc. en 500 m lisos: Damián Esmerote Domínguez (1’33” 0).
-4º e 5º posto benx. masc.: Francisco Rodríguez Freiría( 3’48” 4) e Daniel González Brito (3’53” 8).

MOITÍSIMAS FELICIDADES !

15.5.07

XX Trofeo Reconquista de atletismo en pista

Os nosos atletas das categorías infantiles e cadetes danse unha cita o día 31 de marzo de 2007 nas pistas do Estadio Municipal de Balaídos, na cidade olívica.Todos eles compiten na mesma modalidade, os 1.000 m. lisos.

As atletas infantiles: Jenny Fdez Massó (3'10"08), Victoria Rguez Freiría (3'25"10), Rocío Rguez Martínez(3'28"28) e Laura Varela Estévez (3'29"93) acadan o 1º, 3º, 4º e 5º posto respectivamente.

A atleta cadete Remedios Rodríguez Freiría (3'17"00) acada o 4º posto.

Os atletas infantiles : Alexandre Enríquez Blandón (3'10"40) , Damián Esmerode Domínguez (3'33"38), Aitor da Rocha Cajaraville (3'55"92) e Aarón Misa García( 3'56"28) acadan o 1º, 3º, 6º e 7º posto respectivamente.

O atleta cadete Jorge González Martínez (3'14"72) acada o 6º posto.

PARABÉNS !