Os atletas da Sociedade Atlética Val Miñor desprazáronse o pasado fin de semana a Asturias co fin de participar nun evento deportivo de cross, no concello de Carreño-Candás
Esta carreira está inscrita no calendario de competicións da Federación Asturiana de atletismo, e desenvolveuse polas rúas de Candás e Luanco(Concello de Carreño).
O grupo de atletas, acompaña dos polo seu entrenador e membros e socios do club, partiu hacia Asturias o venres pola mañá para alí concentrarse e asistir ó día seguinte á devandita proba.
Foi unha grande experiencia para os atletas, xa que puideron competir con rivales de outra comunidade autónoma que posúen unha canteira relevante dentro do ámbito español. Iso non soe ser moi frecuente, xa que supón un custo económico elevado, pero é unha forma de motivar ós atletas e fomentar a participación a distinta escala, así como de valorar as súas cualidades.
Os atletas da Sociedade atlética Val Miñor conseguen un total de 6 ouros, 3 pratas e 2 bronces, nas categorías:alevín , infantil, cadete e junior.
Cabe destacar que as categorías na FAA (Federación Asturiana de Atletismo), non se corresponden coas mesmas franxas de idades da FGA (Federación Galega de Atletismo).
Así:
En Alevín masc:Lois Mariño Hermida acada o 1º posto, Dani Glez Brito o 5º, e Dani Rguez o 7º posto.
En Alevín Femin.:Carla Cabrera Alonso acada o 2º posto no podio, seguida de Carla caride, Raquel Gómez e Sara Rguez .
En infantil masc: John Mikel Besada Fdez acada o 1º posto seguido dos compañeiros de club:Aarón Misa García, José Antonio Dacosta Estévez , Anxo Veiga Amorín e Damián Esmerode.
En infantil fem: Jenny Fdez Massó e Victoria Rguez Freiría acadan o 1º e 2º posto no podio, seguidas das súas compañeiras:Patricia Pereira Martínez, Laura Varela Estévez e Sandra Rguez Freiría.
En cadete masc: Alex Enríquez Blandón e Jorge González Martínez acadan o 2º e 3º posto.
En Cadete fem: Raquel Rodríguez Casleiro e Rocío Rguez Martínez acadan o 1º e 2º posto seguidas da súa compañeira Sara Marquez Rguez.
En xuvenil femin: Remedios Rguez Freiría acada o 1º posto , e Raquel Padín Pérez xunto con Angela Lomba Valtierra consiguen o 4º e 5º posto respect.
En junior masc: Brais Misa García e Agustín Sobrado Menoni acadan o 1º e 3º posto respect.
En Junior femin:a atleta Diana González Dacosta acada o 1º posto.
É de destacar a grande actuación dos atletas benxamíns masc: Daniel Rodríguez Estévez e Denís Mariño Hermida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario