19.6.07

A Sociedade Atlética Val Miñor, coa súa sede no concello de Gondomar, xa é coñecida a nivel nacional nas categorías escolares


O pasado día 15 de xuño algúns atletas de Val Miñor, corren en pista, no I Trofeo A.V.A. nas Pistas Municipais de Balaídos (Vigo), acadando resultados importantes.

A Sociedade Atlética Val Miñor, coa súa sede no concello de Gondomar, xa é coñecida a nivel nacional nas categorías escolares despois de que a atleta Yenny Fernández Massó da categoría infantil feminina acadara a mellor marca nacional en pista na modalidade de 3.000 metros, cunha marca de 10min 45seg 57 centésimas.O 3º posto na mesma modalidade e categoría acádao Victoria Rodríguez Freiría en 11min 03seg 10 centésimas.Rocío Martínez e Laura Varela tamén conseguen postos relevantes.
Tamén as cadetes acadan postos importantes. Remedios Rodríguez Freiría acada o 2º posto cun tempo de 11min 16 seg 82 centésimas, e Raquel Rodríguez Casaleiro en 3º lugar con 11min 22seg 77cent.na mesma modalidade de 3.ooo metros lisos.

Na modalidade de 500 metros lisos, esta vez compiten atletas benxamíns masc., alevíns masculino e feminino e infantís masc.

Os benxamíns Daniel González Brito acada o 4º posto chegando a meta en 1min 48 seg 59 cent; Francisco Rodríguez Freiría faino en 1min50seg56 cent acadando o 6º posto. Tamén participan os atletas Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez.
En alevíns mulleres destaca Carla Cabrera Alonso no 1º posto cun tempo de 1min29seg 88cent. O 4º,6º e 7º posto acádano as compañeiras de club Carla Caride Sanromán(1min36seg 97cent ), Sandra Rodríguez Freiría (1min39seg 08cent) e Raquel Gómez Villar (1min40seg80cent).
Os Alevíns homes consiguen facer o circuíto e acadar o 2º, 4º e 5º posto Lois Mariño Hermida(1min28seg 53 cent)., Anxo Veiga Amorín (1min32seg11cent) ,Manuel Costa Camarero (1min34seg 16cent).Uns postos mais atrás entra na meta Nicolás Mariño Hermida en 1min45seg 82 cent.

En infantil homes corren Alexandre Enríquez Blandón que cruza a liña de meta nun tempo de 1min23seg 39 cent , acadando o 2º posto. Damián Esmerode Domínguez entra uns postos mais atrás nun tempo de 1min37seg 61cent.
Noraboa a tódolos/as atletas!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Moitísimas felicidades!
Ante todo envío unha mensaxe transmitindo moitas ganas de seguir participando en actividades deportivas, xa que facer deporte é moi san.Ademais mantédesvos en forma física e intelectual.Facer deporte, sempre que sexa dosificando, é moi saudable tanto físicamente como mental e psicolóxicamente.Parabéns.