18.3.08

Calendario de abril

INFORMACIÓN PARA TÓDOLOS ATLETAS DO CLUB:

Estimados socios:
Informámosvos de que a partires do vindeiro xoves día 3 de abril(inclusive) e ata novo aviso os adestramentos dos nosos atletas faranse nas pistas do CUVI das 18 h ata as 20 h(TÓDOLOS XOVES HÁBILES).
Cada atleta deberá levar a súa mochila e unha moeda de 0’50 € para gardar a mochila coas súas pertenzas dentro, nas taquillas, xa que os vestiarios van ser compartidos.
Os pais que non poidan trasladar ós seus fillos teñen que comunicárnolo para buscar solución.
Estade atentos ó calendario de carreiras, e as instruccións do adestrador para cada carreira.
IMPORTANTE: LEVADE SEMPRE AS ZAPATILLAS DE CRAVOS ÁS CARREIRAS, para maior seguridade (e nunca esquecelas).Son unha ferramenta imprescindible para os/as atletas.

A continuación detállase o calendario do mes de abril:



  • 5 de abril: IV Trofeo Vila de Cangas(pista) nas instalacións de pistas de Cangas:participarán os/as atletas que determine o entrenador en función das probas a disputar.
  • 6 de abril: Media Maratón Vig-Bay: só correrán os atletas da categoría absoluta. Os demais atletas acompañados polos seus familiares participarán nas tareas de colaboración nos distintos puntos kilométricos asignados, para repartir esponxas e augas ós corredores. En breve falaremos para aclarar calquera dúbida que poida xurdir. Haberá reaxuste de postos en función das necesidades.Falarase nas sesións de adestramento.

  • 12 de abril:1ª xornada Benxamín alevín de pista ó aire libre en Balaídos ( categ. escolares)
  • 13 de abril:Carreira de Xóvenes Atletas: Colexio Mosteiro en Membrive.categ. escolares.
  • 19 de abril:1ª xornada infantil de pista ó aire libre en Vigo.(Categ. escolares).

  • 20 de abril: Carreira de Xóvenes Atletas: San Miguel de Oia.Ría de Vigo.Categ. federadas Campo a través.

  • 27 de abril: Carreira de Xóvenes Atletas: Colexio Josefa Alonso en Matamá, foi cancelada.Este día non hai ningunha competición.

OLLO! As carreiras de Xovenes atletas empezan ás 10 da mañá, normalmente. Os atletas teñen que estar unha hora antes para a recollida e asignación de dorsais e para facer as tarefas de quecemento adecuadas.

Para as carreiras de pistas avisarase nas sesións de adestramento , qué nenos participarán en cada proba e mailos horarios das probas.

MANTÉDEVOS ATENTOS POR SI HAI ALGÚN CAMBIO

Saúdos a todos!

PARA ENTRETERNOS:

A ver quen se anima a axudarnos a resolver esta adiviña:

"CINCO MOCIÑOS NUNHA PALMA

CADA UN TEN O SEU NOME

ESCRIBANOS

CONTADORES;

BOLBORETA NAMORADA

POUSANDO LEVE NAS FLORES".

Estamos agardando polos vosos comentarios!

10.3.08

Campionato de España de Autonomías

O día 9 de marzo atletas do noso club foron seleccionadas para competir coa selección galega de atletismo en Toro-Zamora.

Na categoría cadete feminina formaron parte da selección galega: Patricia Pereira Martínez que quedou en 15º posto Victoria Rodríguez Freiría (21º posto),Jenny Fdez Massó ,(29º posto) e Rocío Rodríguez Martínez(110º posto) dun total de 148 atletas.

Por equipos Galicia na modalidade cadete feminina acadou o 6º posto.


Na categoría xuvenil a atleta Remedios Rodríguez Freiría, é seleccionada para representar á Galicia xunto con 6 atletas mais da xeografía galega.Chegou a meta ocupando a posición nº 82. POr equipos Galicia na modalidade Xuvenil feminina ocupou o 8º posto.

Parabéns para o atletismo en xeral e en particular para as atletas de Val Miñor que lograron chegar ata ahí.

FELICIDADES!!!

4.3.08

Calendario de marzo

Este mes só temos dúas carreiras:
---02/03/08: O Campionato de España de campo a través no que participan as atletas cadetes femininas.
---09/03/08: O campionato de España de autonomías que se celebra en Toro(Zamora).
As atletas seleccionadas para formar parte da selección galega son:
na Categoría infantil: Jenny Fdez, Patricia Pereira, Victoria Rguez, Rocío Rguez .
na categoría cadete: Remedios Rguez.
A selección galega está formada por 8 atletas seleccionadas por categoría e sexo de toda Galicia.

AVISO IMPORTANTE para o campionato de España de Autonomías.
-as atletas teñen que presentarse co D.N.I. para identificarse e unha foto tamaño carnet.
-ademais teñen que levar as zapatillas de cravos.
De non ser así , non poderán correr.

PLAN DE VIAXE
· SAIDA Venres 7 de Marzo 2008: Mediodía: 13:30-14:00 horas de Vigo (A hora e lugar exacto da saída consultaráse a partir do Mércores no telefono 662261347 (Emilio Bosch) ou na web
http://www.atletismogalego.org/)
HOTEL DONDE SE HOSPEDARÁ A SELECCIÓN GALEGA: HOTEL SAYAGUES Plaza de la Puentica, 2 Telf: 980525511 ZAMORA
REGRESO: Domingo dia 9 de Marzo


MOI IMPORTANTE: DOCUMENTACIÓN QUE TERÁN QUE LEVAR TODOS OS DEPORTISTAS PARA PODER PARTICIPAR: · DNI OU PASAPORTE INDIVIDUAL OU TARXETA DE RESIDENTE EN VIGOR · UNHA FOTOGRAFIA TAMAÑO CARNET
ITINERARIO:

Saída o 7 de marzo e regreso o 9 de marzo de 2008.

Vigo (Praza das Travesas) ás 14:00 -onde celebra o Celta os títulos-
Ourense ás 15:15 (pavillón de deportes)

BENAVENTE-TORO::(Arredor das 19:00)
--------------------..........................--------------------......................
A primeira carreira de pista:

---29 /03/08: Trofeo Reconquista de Vigo en pista.Será o entrenador o que convoque ós atletas participantes, e farase nas sesións de adestramento.

Saúdos.
A directiva





3.3.08

Campionato de España de Campo a través de clubs






O pasado 2 de marzo celebrouse en Madrid, no Hipódromo da Zarzuela, o XLIII Campionato de España de Campo a Través de clubs.


A este campionato asistiron atletas pertencentes a clubs de toda a xeografía española( península, illas baleares e illas canarias).


As atletas cadetes femininas da Sociedad Atlética Val Miñor a cadaron un resultado excelente ó conseguir o 4º posto por equipos.

Na clasificación individual a atleta Patricia Pereira Martínez é a primeira de Val Miñor en chegar a liña de meta, despois de percorrer 2.555 metros, acadando o 9º posto cun tempo de 9 min 41 segundos e a tan só 31 segundos da campiona. As súas compañeiras de equipo Victoria Rodríguez Freiría, Jenny Fernández Massó, Rocío Rodríguez Martínez e Elisa Tarrío Herva acadaron o 29º, 31º, 60º e 148º posto respectivamente dun total de 203 participantes.


MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODAS!

AH! para a expedición que acompañou ás atletas a Madrid :velaí vai a foto desa ave de tamaño considerable, que aniña en torres, tellados...!
ata outra compañeiros e compañeiras!

23.2.08

Campionato galego escolar de cross infantil e cadete en Pontevedra


Seguen os éxitos na Sociedad atlética Val Miñor.
Os/as atletas de Val Miñor acadan en individual : un ouro e dous bronces; e por equipos conseguen un ouro e un cuarto posto.

Os atletas da Sociedad atlética Val Miñor acadaron uns resultados excelentes no Campionato galego de cross en idade escolar Xunta de Galicia que se celebrou en Pontevedra o sábado 23 de febrero para as categorías infantil e cadete .

As atletas infantís femininas conseguiron o ouro por equipos.

Os seus compañeiros os infantís masculinos acadaron o 4º posto, tamén por equipos: John Mikel Besada,Alexandre Enríquez,José Antonio, Aarón Misa e Damián Esmerode.

Na clasificación individual destacan as atletas infantís : Jenny Fernández Massó que chega a meta en 7:36 min despois de percorrer 1.940 metros, facénd
ose co ouro individual; a súa compañeira Patricia Pereira Martínez acada o bronce cun crono de 7:44min.seguida de Rocío Rodríguez Martínez, Victoria Rodríguez Freiría e Laura Varela Estévez que chegaron a meta en 4º,5º e 11º lugar respectivamente .

Na categoría cadete individual destaca tamén a atleta de Val Miñor Remedios Rodríguez Freiría que despois de percorrer 3.180 metros faise co 3º posto no podio nun tempo de 14,19 min.














NORABOA ATLETAS!

10.2.08

Campionato provincial de campo a través en idade escolar Xunta de Galicia


A Sociedad atlética Val Miñor vese representada no campionato provincial de campo a través celebrado o día 10 de febreiro en Chandebrito( Concello de Nigrán).

Por equipos os atletas apúntanse 3 ouros, e na modalidade individual: 2 ouros, 3 pratas e 3 bronces, nas distintas categorías.

Na categoría alevín feminino o ouro é para Sandra Rodríguez Freiría que tras percorrer 1460 metros entra en liña de meta cun tempo de 6,12 min; a prata é para Mónica Rodríguez Alvarez e o bronce para Carla Cabrera Alonso:Séguenas uns postos mais atrás Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar. Con esta clasificación quedan en 1º lugar por equipos.


En Alevín masculino o subcampión individual é o atleta Anxo Veiga Amorín que despois de percorrer 1940 metros chega a meta en 7,02 min. Ségueno os seus compañeiros, Lois Mariño Hermida (en 5º lugar) e uns postos despois Manuel Costa Camarero. A indisposición de dous compañeiros seus non fixo posible que puntuaran por equipos.

En infantil feminino vólvese tinxir de verde o podio na clasificación individual coas atletas de Val Miñor:Jenny Fernández Massó ocupando o 1º posto despois de percorrer 1940 metros en 6,59 minutos, seguida das súas compañeiras Victoria Rodríguez Freiría (2º posto)e Patricia Pereira Martínez en 3º posto.Séguenas uns postos despois Laura Varela Estévez (9º)e Rocío Rodríguez Martínez .Por equipos ocupan o 1º posto.


Na categoría infantil masculina fanse co 1ºposto por equipos os atletas: Alexandre Enríquez Blandón, John Mikel Besada Fernández, Aarón Misa García , José Antonio Dacosta Estévez, Damián Esmerode Domínguez e Aitor Da Rocha Cajaraville.
En cadete feminino destaca o 3º posto da atleta Remedios Rodríguez Freiría, seguida de Elisa Tarrio Herva uns postos mais atrás.
Tamén é de valorar o esforzó dos benxamíns masculinos: Francisco José Rodríguez Freiria, Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez que non puideron puntuar por equipos debido á falta dun compañeiro de equipo.
Valórase así mesmo o esforzó do cadete masculino Jorge González Martínez.

Desde a Xunta directiva transmitimos a tódolos atletas a nosa FELICITACIÓN!

5.2.08

Campionatos galegos federados de categorías inferiores e mailas absolutas, excepto a categ. junior

A SOCIEDAD ATLETICA VAL MIÑOR ACADA UNHAS DESTACADÍSIMAS PUNTUACIÓNS NOS CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS DE CROSS




Atletas cadetes femininas quedaron clasificadas para os campionatos de España de cross.




Con 2 ouros,as cadetes femininas e mailas infantiles logran logran subir a pódium por equipos.




Na modalidade

Individual lógranse dous ouros: en alevín masculino: Lois Mariño Hermida , e en cadete feminino: Jenny Fernández Massó.


Os atletas da Sociedad Atlética Val Miñor fixeron un bo papel nos campionatos galegos federados , celebrados en Ourense ( Circuíto de Oira) este domingo , día 3 pola mañá e o sábado,día 2 en Ribadavia.

Na categoría cadete feminino alcanza o 1º posto no podio a atleta Yenny Fernández Massó tras percorrer 3.300 metros nun tempo de 11:24 min., seguida das súas compañeiras de equipo Victoria Rodríguez Freiría (en 2º lugar),Patricia Pereira Martínez(3º posto) e Rocío Rodríguez Martínez (4º posto).O podio quedou tinxido coas cores da Sociedad Atlética Val Miñor.Lograron por equipos o ouro, que as clasifica para os campionatos de España.




Na categoría cadete masculina conseguen o 7º posto por equipos( integrado polos atletas:John Mikel Besada Fernández, José Antonio Dacosta Estévez, Aarón Misa García e Aitor Da Rocha Cajaraville).
As atletas xuvenís femininas acadan o 5º posto por equipos: Remedios Rodríguez Freiría, Raquel Padín Pérez e Angela Lomba Valtierra.
En infantil feminino volven conseguir o ouro por equipos as atletas: Carla Cabrera Alonso, Sandra Rodríguez Freiría, Laura Varela Estévez, Mónica Rodríguez Alvarez, Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar.
Na categoría infantil masculina acadan o 5º posto por equipos os atletas : Anxo Veiga Amorín, Damián Esmerode, Manuel Costa Camarero e Rubén Martíns Salinas.
Na categoría alevín homes destaca o 1º posto no podio na categoría individual para o atleta Lois Mariño Hermida que tras percorrer 2.000 metros entra en liña de meta cunha marca de 07:08 minutos.
En benxamín homes os atletas Francisco Rodríguez Freiría, Fabio Yebra Garrido e Denís Mariño Hermida acadan os postos 4º,6º e 10º respectivamente na clasificación individual.
É de destacar tamén a actuación excelente das atletas benxamíns e alevíns femininas así como os/as xuvenís masculinos e femininas.
No campionato galego de veteranos de campo a través celebrado en Ourense-Ribadavia o sábado , día 2, os atletas masculinos quedaron subcampións por equipos. Puntuaron. Antón Amoedo Giménez, José Antonio Iglesias Otero e José Andrés Fervenza Fragueiro.

Podemos acceder ás clasificacións na entrada de AVANCE DE CALENDARIO DE FEBREIRO.

tamén se poden observar cambios de calendario. Cómpre visitalo.

A NOSA MAIS GRANDE NORABOA A TÓDOLOS ATLETAS!!