Este sábado día 21, celebrase o Campionato Galego escolar da Xunta de Galicia de campo a través en Lugo, no Campo do Pazo de Feiras e Congresos. Os equipos Infantís feminino e Cadete Feminino clasificaronse para este campionato, tamén o fixeron individualmente Pedro Monroy e Javier Carnero.
Os atletas sairán mañán Venres día 20, da Praza de España en Vigo, as 17:45, en autobús que dispón a Xunta de Galicia e pernoctarán no Hotel Torres de Nuñez, carretera a Madrid N-VI, regresando o Sábado despois de xantar.
Os nenos que queiran regresar cos seus pais terán que comunicarllo a delegada do club, que acompañaos a este campionato. (Lucia e Armando) Tfno - 615538959
As carreiras escomenzan a partires das 11:00 horas da mañá, sendo a derradeira as 12:50, e a entrega de trofeos as 13:30 horas.
Sorte a todos e todas.
IV CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO
O Club atletismo Porriño, celebra coa colaboración do concello de O Porriño a IV carreira de xóvenes atletas o Domingo día 22 de Febreiro escomenzando as carreiras a partires das 10:30 horas da mañá no centro do Porriño, xunto a capela que está perto do Concello.
Terán trofeos os SEIS primeiros de cada proba en ambos sexos e medallas tódolos participantes.
Escomenzan polo seguinte orden e categoría: Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadete, Prebenxamín e Pitufos. Están Inscritos tódolos atletas do Club.
CTO GALEGO DE CROSSS ABSOLUTO, JUNIOR E SENIOR
O Domingo día 22 de Febreiro celebrase tamén na Coruña, circuito da Torre de Hercules, o Cto Galego, Junior, Senior e Absoluto, de Campo a Través.
O noso club está representado polos atletas senior, Antón Amoedo, Pablo Carrera, José Andrés Fervenza, Jose Antonio Iglesias Otero, Miguel Angel Nieto e Antonio Soliño Castro. Atletas que fixeron campión de Veteranos de Cross en Santiago (Monte do Gozo) o día 1 de Febreiro a Sociedad atlética Val Miñor.
Moita Sorte a tódolos atletas do club
19.2.09
Cto GALLEGO CAMPO A TRAVES XUNTA DE GALICIA Y IV CARREIRA XOVENES ATLETAS
Etiquetas:
Coruña Junior Absoluto,
CTO Galego Xunta Galicia,
e Porriño
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario