Estimados socios:
Informámosvos de que a partires do vindeiro xoves día 3 de abril(inclusive) e ata novo aviso os adestramentos dos nosos atletas faranse nas pistas do CUVI das 18 h ata as 20 h(TÓDOLOS XOVES HÁBILES).
Cada atleta deberá levar a súa mochila e unha moeda de 0’50 € para gardar a mochila coas súas pertenzas dentro, nas taquillas, xa que os vestiarios van ser compartidos.
Os pais que non poidan trasladar ós seus fillos teñen que comunicárnolo para buscar solución.
Estade atentos ó calendario de carreiras, e as instruccións do adestrador para cada carreira.
IMPORTANTE: LEVADE SEMPRE AS ZAPATILLAS DE CRAVOS ÁS CARREIRAS, para maior seguridade (e nunca esquecelas).Son unha ferramenta imprescindible para os/as atletas.
A continuación detállase o calendario do mes de abril:
- 5 de abril: IV Trofeo Vila de Cangas(pista) nas instalacións de pistas de Cangas:participarán os/as atletas que determine o entrenador en función das probas a disputar.
- 6 de abril: Media Maratón Vig-Bay: só correrán os atletas da categoría absoluta. Os demais atletas acompañados polos seus familiares participarán nas tareas de colaboración nos distintos puntos kilométricos asignados, para repartir esponxas e augas ós corredores. En breve falaremos para aclarar calquera dúbida que poida xurdir. Haberá reaxuste de postos en función das necesidades.Falarase nas sesións de adestramento.
- 12 de abril:1ª xornada Benxamín alevín de pista ó aire libre en Balaídos ( categ. escolares)
- 13 de abril:Carreira de Xóvenes Atletas: Colexio Mosteiro en Membrive.categ. escolares.
- 19 de abril:1ª xornada infantil de pista ó aire libre en Vigo.(Categ. escolares).
- 20 de abril: Carreira de Xóvenes Atletas: San Miguel de Oia.Ría de Vigo.Categ. federadas Campo a través.
- 27 de abril: Carreira de Xóvenes Atletas: Colexio Josefa Alonso en Matamá, foi cancelada.Este día non hai ningunha competición.
OLLO! As carreiras de Xovenes atletas empezan ás 10 da mañá, normalmente. Os atletas teñen que estar unha hora antes para a recollida e asignación de dorsais e para facer as tarefas de quecemento adecuadas.
Para as carreiras de pistas avisarase nas sesións de adestramento , qué nenos participarán en cada proba e mailos horarios das probas.
MANTÉDEVOS ATENTOS POR SI HAI ALGÚN CAMBIO
Saúdos a todos!
PARA ENTRETERNOS:
A ver quen se anima a axudarnos a resolver esta adiviña:
"CINCO MOCIÑOS NUNHA PALMA
CADA UN TEN O SEU NOME
ESCRIBANOS
CONTADORES;
BOLBORETA NAMORADA
POUSANDO LEVE NAS FLORES".
Estamos agardando polos vosos comentarios!
1 comentario:
Mi agradecimiento a la directiva por mantenernos informados.Gracias.
Publicar un comentario