15.12.08

XLVII Carreira do pavo 2008

Patrocinado polo Concello de Vigo e mailo Corte Inglés a Delegación de Atletismo de Vigo celebrou o XLVII Gran Premio de Pedestrismo do Nadal (Carreira do Pavo)
nuha mañán de Domingo espléndida. Como nos teñen acostumeados os nos@s atletas fixeronnos disfrutar cos seus triunfos, e casi todos eles levaron o turrón, mochilas e gorras ademáis das copas correspondentes.














A Xunta Directiva dalles a Noraboa a todos eles e lles desexa unhas Felices festas de Nadal e un Aninovo 2009 cheo de triunfos .

7.12.08

VIII Memorial Andrés Abanqueiro




O Domingo día 14 celebrase no Parque de Castrelos o VIII Memorial Andrés Abanqueiro de campo a través a partires das 10:30 horas.
haberá trofeos e agasallos pra os tres primeiros clasificados de cada categoría e medallas dende o 4º a 10º.

¡¡¡¡¡¡ LEMBRADE QUE OS ATLETAS TEÑEN QUE ESTAR NO CIRCUITO 45 MINUTOS ANTES DE CADA CARREIRA !!!!!!!!

Horario VIII Andrés Abanqueiro

Horario Categorías Distanzas

10:30 Infantil Feminino 2.140
Infantil Masculino 3.120
Cadete Feminino 2.320
Cadete Masculino 4.280
Alevín Feminino 1.160
Alevín Masculino 2.140
Benxamín Feminino 980
Benxamín Masculino 1160
Pre-Benxamín (Fem E Masc) 500
Pitufos (Fem e Masc) 150

3.12.08

XXXV TROFEO DE CANGAS DE PEDESTRISMO

O día 7 de Decembro celebrouse na alameda do concello de Cangas o XXXV trofeo de pedestrismo, nuha mañán estupenda pra a prática do atletismo.

Os nos@s atletas coma sempre fixeron unha boa actuación, tendo a súa recompensa nos podiums nas distintas categorías.
Estos foron os máis representativos do clube nesta xornada.

¡¡¡¡¡¡ Noraboa a todolos participantes !!!!!!

































30.11.08

FOTOS XXX BELARMINO ALONSO



Dani recolle o premio de Lois Mariño Campionas Infantís

Campións Alevins campións Alevíns por Equipos

Dani recolle o premio de Lois Campionas cadetes


Sub-campiona Xuvenil

27.11.08

XXX Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O Domingo dia 30 de Novembro, celebrouse o 30º Memorial Belarmino Alonso de campo a través, nuha mañán chuviosa e fría como é de costume no Belarmino.

@s nos@s atletas fixeron unha boa actuación tanto a nivel individual como de equipo acadando varios postos de podium nas distintas categorías.

No marxen dereito podedes ver as fotos de distintas carreiras

Noraboa a todos polos triunfos acadados e
Lembrade que o día 7 de Decembro temos o trofeo Concello de Cangas

19.11.08

ZONAL DE CHANDEBRITO CAMPO A TRAVES

O Domingo día 23 de Novembro, celebrouse en Chandebrito (Nigrán) o primeiro zonal de campo a través da Xunta de Galiza.
Bo comezo pra a S.A.Val Miñor que destacou en tódalas categorías.
Os campións foron: Cadetes feminino(Yenny Fernández, Victoria Rguez, Patricia Pereira, Rocío Rguez e Elisa Tarrío)
Cadetes masculinos: John Mikel, e Arón










Infantís feminino: Eva Cid, Mónica Rguez, Sandra Rguez, Carla Caride, Yaiza Barreiro e Laura Varela
Infantís masculino: Javier Carnero, Damián, Carlos Monroy,
Manuel Camarero, Andrés Matínez






Alevíns feminino: Deborah Temes Cuevas
Alevíns masculino: Lois Mariño, Pedro Monroy


Benxamín feminino: Paula Darocha Prol


Benxamíns Masculino: Fran Freiría, Fabio, Denis e Manuel Eguren


¡¡¡¡ NORA BOA A TODOS POLOS EXITOS !!!!!!
O próximo Domingo día 30 o Belarmino Alonso en S. Andrés de Comesaña dende categoría Alevín a Veteranos. No lado dereito do blog pódese enlazar coa páxina Web do Belarmino Alonso

16.11.08

PRIMEIROS TRIUNFOS DA TEMPADA 2008-09







Exitoso comezo d@s nos@s atletas, na mañá do Domingo dia 16 de Novembro, na Sanmartiño de Ourense. As atletas máis destacadas foron: Sandra Rodriguez Freiría 2ª categoría Infantil, Victoria Rodriguez Freiría 1ª Cadete, Yenny Fernández Massó 2ª Cadete e Eva Guede Cid 3ª Cadete. Remedios Rodriguez Freiría foi a 1ª da categoría Xuvenil

En nenos, foron Arón Misa García e Lois Mariño os únicos da categoría cadete e infantil que convocaron pra este evento e tiveron uns bos resultados, dada a calidade e cantidade dos participantes

Nas categorías absolutas ó club estivo representado por Miguel Angel Nieto 8º en Veteranos A, Antón Amoedo (correu sin dorsai, por chegar tarde, e non clasificou) e Antonio Soliño 3º Veteranos D da súa categoría.

¡...Noraboa a todos por este comezo de Tempada...!