16.11.09

GRAZAS A TODOS

No dia de hoxe e a primeiras horas da mañan, o secretario Xeral de deportes da Xunta de Galicia Dº Jose Ramón Lete, a delegación de deportes da Xunta en Pontevedra e Vigo, o presidente da federación galega de atletismo, Isidoro Hornillos, o presidente da delegación de atletismo de Vigo, Eleuterio Garcia e os concellais de deportes de Gondomar e Nigrán, compañeiros e pais do club , e outras persoas allegadas ao atletismo, interesáronse pola evolución dos atletas e os pais tras sufrir o accidente de automovil en Vincios o domingo pola tarde a volta da celebración da carreira de Ourense (O San Martiño).
Desde a xunta directiva da sociedad atlética Val Miñor e en nome dos afectados agradecemoslle a todos eles o interés amosado pola pronta recuperación e mellora.

No hay comentarios: