21.2.09

¡¡¡¡¡ CAMPIONAS INFANTIS E CADETES FEMININO !!!!!!

A Sociedad atlética Val Miñor, proclamouse este sábado día 21 de Febreiro no Campo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, EQUIPO CAMPION GALEGO INFANTIL FEMININO e EQUIPO CAMPION GALEGO CADETE FEMININO, de campo a través escolar da XUNTA DE GALICIA.

CAMPIONA INFANTIL FEMININO, Sandra Rodriguez Freiría
TERCEIRA CAMPIONA INFANTIL FEMININO, Mónica Rodriguez Álvarez
CAMPIONA CADETE FEMININO Eva Cid Guede
SUBCAMPIONA CADETE FEMININO Rocío Rodriguez Martínez
Noraboa e grazas, a todolas atletas ( Sandra, Carla Cabrera e Carla Caride,Monica e Raquel, Jenny, Victoria, Patricia, Eva, Rocío, Laura, Elisa) que fixeron posibel que un ano máis a Sociedad atlética Val Miñor fora

CAMPIONA DE GALICIA DE CAMPO A TRAVES ESCOLAR, INFANTIL E CADETE FEMININO.

Sin esquecer ao Infantil Javier Carnero que acadou nun honroso 5º posto, e ao Alevín Pedro Monroy que acadou de 11º na clasificación, pero que se lles auguran moitos triunfos apartires de agora.

19.2.09

Cto GALLEGO CAMPO A TRAVES XUNTA DE GALICIA Y IV CARREIRA XOVENES ATLETAS

Este sábado día 21, celebrase o Campionato Galego escolar da Xunta de Galicia de campo a través en Lugo, no Campo do Pazo de Feiras e Congresos. Os equipos Infantís feminino e Cadete Feminino clasificaronse para este campionato, tamén o fixeron individualmente Pedro Monroy e Javier Carnero.
Os atletas sairán mañán Venres día 20, da Praza de España en Vigo, as 17:45, en autobús que dispón a Xunta de Galicia e pernoctarán no Hotel Torres de Nuñez, carretera a Madrid N-VI, regresando o Sábado despois de xantar.
Os nenos que queiran regresar cos seus pais terán que comunicarllo a delegada do club, que acompañaos a este campionato. (Lucia e Armando) Tfno - 615538959
As carreiras escomenzan a partires das 11:00 horas da mañá, sendo a derradeira as 12:50, e a entrega de trofeos as 13:30 horas.
Sorte a todos e todas.

IV CARREIRA XÓVENES ATLETAS O PORRIÑO

O Club atletismo Porriño, celebra coa colaboración do concello de O Porriño a IV carreira de xóvenes atletas o Domingo día 22 de Febreiro escomenzando as carreiras a partires das 10:30 horas da mañá no centro do Porriño, xunto a capela que está perto do Concello.
Terán trofeos os SEIS primeiros de cada proba en ambos sexos e medallas tódolos participantes.
Escomenzan polo seguinte orden e categoría: Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadete, Prebenxamín e Pitufos. Están Inscritos tódolos atletas do Club.

CTO GALEGO DE CROSSS ABSOLUTO, JUNIOR E SENIOR

O Domingo día 22 de Febreiro celebrase tamén na Coruña, circuito da Torre de Hercules, o Cto Galego, Junior, Senior e Absoluto, de Campo a Través.
O noso club está representado polos atletas senior, Antón Amoedo, Pablo Carrera, José Andrés Fervenza, Jose Antonio Iglesias Otero, Miguel Angel Nieto e Antonio Soliño Castro. Atletas que fixeron campión de Veteranos de Cross en Santiago (Monte do Gozo) o día 1 de Febreiro a Sociedad atlética Val Miñor.

Moita Sorte a tódolos atletas do club

16.2.09

ALEJANDRO LORENZO E CTO GALEGO CADETE, XUVENIL E ABSOLUTO CROSS CURTO

Amaneceu neboado en San Cibrao de Viñas, pero o final saliu o sol, e respladeceu outra vez a Sociedad atlética Val Miñor, (os de verde, como dicen por ahí) neste Memorial Alejandro Lorenzo de campo a través.
Os atletas en xeral fixeron muy boas actuacións en cada unha das suas categorías, especialmente os atletas novos no club, que puseron todo seu empeño e garra por chegar a meta. Nora boa a todos eles, e adiante, animarbos a seguir entrenando e competindo.

En Benxamín mulleres Paula Darocha acadou no posto 15º facendo unha boa actuación na súa carreira

En Benxamíns homes, Fabio Yebra fixo un 6º posto moi merecido, seus compañeiros de equipo Anxo Mariño de 17º, e Andi Eguren de 24º,

Os Alevíns acadaron un merecidísimo 4º posto por equipos, faltando soamente 7 puntos para haber subido o podium de 3º, Pedro Monroy acadou 4º na clasificación, Manuel Eguren no posto 15º tendo en conta que acada de escomenzar a adestrar este ano, no 22 Fran, 38º Denis e 39º Carlos Torres, que fixo unha excelente actuación no pouco tempo que leva adestrando no club

Campionas infantís, por equipos, acadando Sandra Rodriguez Freiría 2ª e Carla Cabrera a 3ª na clasificación xeral

Campionas Cadetes, por equipos, sorprendendo a victoria de Viky sobre Jenny ainda que chegaron as dúas casi da man, 3ª foi Patricia Pereira, acadando así o podium as tres atletas do Val Miñor. (As de verde, como dicen por ahí) 7ª Eva Cid e 8ª Rocio Rdguez.

Xuveníl Mulleres, Remedios Rguez Freiría, 3ª na súa categoría, e selecccionada por Alfonso Ortega para formar parte da seleccion Galega que irá a Jaén o campionato de España de autonomías, que celebrase o día 1 de Marzo.

Foron seleccionadas tamén por o seleccionador Alfonso Ortega, as cadetes Victoria Rguez Freiría, Jenny Fdez Masso e Patricia Pereira para a seleccion Galega que disputará en Jaén o dia 1 de Marzo o Campionato de España de Autonomías.

!!!!! Sorte a todas elas e a Selección Galega !!!!

O Esforzo de Manu Eguren

O esforzo de Carlos e Denis Podium Infantis












Terceira Xuvenil Remedios Rguez Freiria Trio de ases Viky, Jenny e Patri







Equipo campión Infantil feminino Equipo Campión Cadete Feminino

3.2.09

II CROSS de GALICIA - CTO GALEGO de VETERÁNS

A Sociedad Atlética Val Miñor quedou Campión por equipos no Cto Galego de Veteranos

Fria mañán do domingo dia 1 de Febreiro, na que celebrouse o II Cross de Galicia e o Cto Galego de Veteráns, a pesares das previsións, dos informativos, partes meteorolóxicos e protección civil, o tempo que fixo no Monte do Gozo soamente foi unha mañá fria e húmeda para practicar o atletismo.
Algúns atletas sufriron o seu para terminar as distanzas que tiveron que percorrer, pero velahí para que sirven os adestramentos.
En Alevíns foi Terceiro Pedro Monroy. Segunda en Infantís Mulleres Sandra Rguez Freiría. En Cadetes Feminino o trío de ases formado por Jenny, Victoria e Patricia. En Xuvenil feminino foi Remedios Rguez Freiría a Primeira. En Veteráns homes M35 Antón Amoedo foi o 1º da súa categoría. Nos Maiores de 40 anos Jose Antonio Iglesias Otero acadou 3º no podium. Antonio Soliño Castro tamén subiu o 1º posto do podium na categoría de mais de 55 anos.

Felicitacións a todolos atletas do club porque fixeron unha boísima actuación, e perfilaron cara os campionatos galegos do que son capaces de facer.
Podedes ver as clasificacións nesta ligazón. www.atletismogalego.com/Resultados200809/Santiago/s010209.pdf