15.12.08

XLVII Carreira do pavo 2008

Patrocinado polo Concello de Vigo e mailo Corte Inglés a Delegación de Atletismo de Vigo celebrou o XLVII Gran Premio de Pedestrismo do Nadal (Carreira do Pavo)
nuha mañán de Domingo espléndida. Como nos teñen acostumeados os nos@s atletas fixeronnos disfrutar cos seus triunfos, e casi todos eles levaron o turrón, mochilas e gorras ademáis das copas correspondentes.














A Xunta Directiva dalles a Noraboa a todos eles e lles desexa unhas Felices festas de Nadal e un Aninovo 2009 cheo de triunfos .

7.12.08

VIII Memorial Andrés Abanqueiro




O Domingo día 14 celebrase no Parque de Castrelos o VIII Memorial Andrés Abanqueiro de campo a través a partires das 10:30 horas.
haberá trofeos e agasallos pra os tres primeiros clasificados de cada categoría e medallas dende o 4º a 10º.

¡¡¡¡¡¡ LEMBRADE QUE OS ATLETAS TEÑEN QUE ESTAR NO CIRCUITO 45 MINUTOS ANTES DE CADA CARREIRA !!!!!!!!

Horario VIII Andrés Abanqueiro

Horario Categorías Distanzas

10:30 Infantil Feminino 2.140
Infantil Masculino 3.120
Cadete Feminino 2.320
Cadete Masculino 4.280
Alevín Feminino 1.160
Alevín Masculino 2.140
Benxamín Feminino 980
Benxamín Masculino 1160
Pre-Benxamín (Fem E Masc) 500
Pitufos (Fem e Masc) 150

3.12.08

XXXV TROFEO DE CANGAS DE PEDESTRISMO

O día 7 de Decembro celebrouse na alameda do concello de Cangas o XXXV trofeo de pedestrismo, nuha mañán estupenda pra a prática do atletismo.

Os nos@s atletas coma sempre fixeron unha boa actuación, tendo a súa recompensa nos podiums nas distintas categorías.
Estos foron os máis representativos do clube nesta xornada.

¡¡¡¡¡¡ Noraboa a todolos participantes !!!!!!

































30.11.08

FOTOS XXX BELARMINO ALONSO



Dani recolle o premio de Lois Mariño Campionas Infantís

Campións Alevins campións Alevíns por Equipos

Dani recolle o premio de Lois Campionas cadetes


Sub-campiona Xuvenil

27.11.08

XXX Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

O Domingo dia 30 de Novembro, celebrouse o 30º Memorial Belarmino Alonso de campo a través, nuha mañán chuviosa e fría como é de costume no Belarmino.

@s nos@s atletas fixeron unha boa actuación tanto a nivel individual como de equipo acadando varios postos de podium nas distintas categorías.

No marxen dereito podedes ver as fotos de distintas carreiras

Noraboa a todos polos triunfos acadados e
Lembrade que o día 7 de Decembro temos o trofeo Concello de Cangas

19.11.08

ZONAL DE CHANDEBRITO CAMPO A TRAVES

O Domingo día 23 de Novembro, celebrouse en Chandebrito (Nigrán) o primeiro zonal de campo a través da Xunta de Galiza.
Bo comezo pra a S.A.Val Miñor que destacou en tódalas categorías.
Os campións foron: Cadetes feminino(Yenny Fernández, Victoria Rguez, Patricia Pereira, Rocío Rguez e Elisa Tarrío)
Cadetes masculinos: John Mikel, e Arón










Infantís feminino: Eva Cid, Mónica Rguez, Sandra Rguez, Carla Caride, Yaiza Barreiro e Laura Varela
Infantís masculino: Javier Carnero, Damián, Carlos Monroy,
Manuel Camarero, Andrés Matínez






Alevíns feminino: Deborah Temes Cuevas
Alevíns masculino: Lois Mariño, Pedro Monroy


Benxamín feminino: Paula Darocha Prol


Benxamíns Masculino: Fran Freiría, Fabio, Denis e Manuel Eguren


¡¡¡¡ NORA BOA A TODOS POLOS EXITOS !!!!!!
O próximo Domingo día 30 o Belarmino Alonso en S. Andrés de Comesaña dende categoría Alevín a Veteranos. No lado dereito do blog pódese enlazar coa páxina Web do Belarmino Alonso

16.11.08

PRIMEIROS TRIUNFOS DA TEMPADA 2008-09







Exitoso comezo d@s nos@s atletas, na mañá do Domingo dia 16 de Novembro, na Sanmartiño de Ourense. As atletas máis destacadas foron: Sandra Rodriguez Freiría 2ª categoría Infantil, Victoria Rodriguez Freiría 1ª Cadete, Yenny Fernández Massó 2ª Cadete e Eva Guede Cid 3ª Cadete. Remedios Rodriguez Freiría foi a 1ª da categoría Xuvenil

En nenos, foron Arón Misa García e Lois Mariño os únicos da categoría cadete e infantil que convocaron pra este evento e tiveron uns bos resultados, dada a calidade e cantidade dos participantes

Nas categorías absolutas ó club estivo representado por Miguel Angel Nieto 8º en Veteranos A, Antón Amoedo (correu sin dorsai, por chegar tarde, e non clasificou) e Antonio Soliño 3º Veteranos D da súa categoría.

¡...Noraboa a todos por este comezo de Tempada...!

5.11.08

XUNTANZA COS ATLETAS E MAILOS SEUS FAMILIARES

Prezados socios!

Comunicámosvos que o vindeiro sábado día 8 de novembro celebrarase a Asemblea EXtraordinaria de Constitución da nova Xunta directiva, no Salón de Actos da Casa da Cultura en Gondomar, ás 19:30 horas.

Desde a Xunta directiva saínte solicitamos que acudan á citada asemblea, ademais dos pais ou familiares,os/as atletas.Vai haber unha "sorpresiña" para cada atleta, como fin de tempada.
Se algún/algunha atleta non pode asistir á asemblea poderase poñer en contacto coa Xunta directiva para recoller a súa "sorpresiña".
Saúdos e ata o sábado.
A Xunta directiva

3.8.08

Memorial Mario Puentes

Este ano 2008, por motivos alleos á nosa vontade non se poderá celebrar o XIII Memorial Mario Puentes previsto en calendario para o día 17 de agosto de 2008.
Saúdos.
Aproveitamos para desexar a tódolos atletas do club, unhas boas vacacións, así como ós seus familiares e socios.
O vindeiro día 2 de setembro será o primeiro día de adestramento postvacacional en horario de 6 a 8 da tarde como de costume.
BOAS VACACIÓNS!!!
Vémonos en setembro,

21.4.08

Adianto de calendario para o mes de maio

Este mes témolo moi completiño.

O día 3 de maio: 2ª xornada benxamín e alevín e infantil de pista ó aire libre lugar de celebración- Pontevedra.Categ. escolares . NON PARTICIPARÁ NINGÚN ATLETA

O día 10 de maio: Celébrase o Campionato Provincial Alevín Infantil de Deporte en idade escolar Xunta de Galicia en Vigo , nas pistas de Balaídos.

O día 11 de maio: Trofeo Castro San Miguel de Campo a través de cross en Castrelos( Vigo) só ata cadetes.categ. federadas.

O día 11 de maio: Campionato Galego de media maratón categ. absolutas en Villagarcía.

O día 16 de maio: Serie Municipal de Atletismo en Pista 1ª xornada nas pistas de Balaídos (Vigo) a partires de cadetes.

O día 18 de maio: Cross Xóvenes atletas no colexio Serra -Vincios.categ. escolares.

O día 18 de maio: Campionato galego escolar individual de pista ó aire libre ( OURENSE).

O campionato galego infantil celebrase nas pistas de Josefina Salgado, en Pereiro de Aguiar-Ourense.
Os inscritos pra este campionato son:

Categoría Feminina:Jenny Fernandez Massó,Patricia Pereira Martínez, Victoria Rodríguez Freiría,e Laura Varela Estévez.

Categoría Masculina: Aarón Misa García,Alexandre Enríquez Blandón, John Mikel Besada Fernández e José Antonio Dacosta Estévez.

O día 23 de maio: II Trofeo AVA de atletismo en Pista en Balaídos ( Vigo) só ata cadetes.

O día 25 de maio: Cross Xóvenes atletas no colexio Coutada-Beade.Categ. escolares.

O día 29 de maio: Serie Municipal de atletismo en Pista 2ª xornada en Balaídos ( Vigo) a partires de cadetes.

O día 31 de maio: VIII Memorial Manuel Barros de pedestrismo en Gondomar, polas rúas de Gondomar e arredores( organizado pola Sociedad Atlética Val Miñor).

LEMBRADE QUE TEDES QUE LEVAR AS ZAPATILLAS DE CRAVOS A TODAS AS CARREIRAS. Nalgunhas utilizaranse e noutras non, dependendo do terreo e a criterio do adestrador.
Mantédevos atentos por si hai algunha modificación.










Será o adestrador o que convoque e decida qué nenos e nenas participarán nas distintas probas, durante as sesións de adestramento.





Desexámosvos moita sorte na competición de pista, e mais en todas as carreiras en xeral!

Os atletas Paula da Rocha Prol e mais Denís Mariño Hermida en Castrelos(arriba)


Os atletas Paula da Rocha e Daniel Rodríguez Estévez(abaixo)tamén en Castrelos.




















A atleta Laura Fernández López durante a carreira de Castrelos o día 11 de
maio.

18.3.08

Calendario de abril

INFORMACIÓN PARA TÓDOLOS ATLETAS DO CLUB:

Estimados socios:
Informámosvos de que a partires do vindeiro xoves día 3 de abril(inclusive) e ata novo aviso os adestramentos dos nosos atletas faranse nas pistas do CUVI das 18 h ata as 20 h(TÓDOLOS XOVES HÁBILES).
Cada atleta deberá levar a súa mochila e unha moeda de 0’50 € para gardar a mochila coas súas pertenzas dentro, nas taquillas, xa que os vestiarios van ser compartidos.
Os pais que non poidan trasladar ós seus fillos teñen que comunicárnolo para buscar solución.
Estade atentos ó calendario de carreiras, e as instruccións do adestrador para cada carreira.
IMPORTANTE: LEVADE SEMPRE AS ZAPATILLAS DE CRAVOS ÁS CARREIRAS, para maior seguridade (e nunca esquecelas).Son unha ferramenta imprescindible para os/as atletas.

A continuación detállase o calendario do mes de abril:



  • 5 de abril: IV Trofeo Vila de Cangas(pista) nas instalacións de pistas de Cangas:participarán os/as atletas que determine o entrenador en función das probas a disputar.
  • 6 de abril: Media Maratón Vig-Bay: só correrán os atletas da categoría absoluta. Os demais atletas acompañados polos seus familiares participarán nas tareas de colaboración nos distintos puntos kilométricos asignados, para repartir esponxas e augas ós corredores. En breve falaremos para aclarar calquera dúbida que poida xurdir. Haberá reaxuste de postos en función das necesidades.Falarase nas sesións de adestramento.

  • 12 de abril:1ª xornada Benxamín alevín de pista ó aire libre en Balaídos ( categ. escolares)
  • 13 de abril:Carreira de Xóvenes Atletas: Colexio Mosteiro en Membrive.categ. escolares.
  • 19 de abril:1ª xornada infantil de pista ó aire libre en Vigo.(Categ. escolares).

  • 20 de abril: Carreira de Xóvenes Atletas: San Miguel de Oia.Ría de Vigo.Categ. federadas Campo a través.

  • 27 de abril: Carreira de Xóvenes Atletas: Colexio Josefa Alonso en Matamá, foi cancelada.Este día non hai ningunha competición.

OLLO! As carreiras de Xovenes atletas empezan ás 10 da mañá, normalmente. Os atletas teñen que estar unha hora antes para a recollida e asignación de dorsais e para facer as tarefas de quecemento adecuadas.

Para as carreiras de pistas avisarase nas sesións de adestramento , qué nenos participarán en cada proba e mailos horarios das probas.

MANTÉDEVOS ATENTOS POR SI HAI ALGÚN CAMBIO

Saúdos a todos!

PARA ENTRETERNOS:

A ver quen se anima a axudarnos a resolver esta adiviña:

"CINCO MOCIÑOS NUNHA PALMA

CADA UN TEN O SEU NOME

ESCRIBANOS

CONTADORES;

BOLBORETA NAMORADA

POUSANDO LEVE NAS FLORES".

Estamos agardando polos vosos comentarios!

10.3.08

Campionato de España de Autonomías

O día 9 de marzo atletas do noso club foron seleccionadas para competir coa selección galega de atletismo en Toro-Zamora.

Na categoría cadete feminina formaron parte da selección galega: Patricia Pereira Martínez que quedou en 15º posto Victoria Rodríguez Freiría (21º posto),Jenny Fdez Massó ,(29º posto) e Rocío Rodríguez Martínez(110º posto) dun total de 148 atletas.

Por equipos Galicia na modalidade cadete feminina acadou o 6º posto.


Na categoría xuvenil a atleta Remedios Rodríguez Freiría, é seleccionada para representar á Galicia xunto con 6 atletas mais da xeografía galega.Chegou a meta ocupando a posición nº 82. POr equipos Galicia na modalidade Xuvenil feminina ocupou o 8º posto.

Parabéns para o atletismo en xeral e en particular para as atletas de Val Miñor que lograron chegar ata ahí.

FELICIDADES!!!

4.3.08

Calendario de marzo

Este mes só temos dúas carreiras:
---02/03/08: O Campionato de España de campo a través no que participan as atletas cadetes femininas.
---09/03/08: O campionato de España de autonomías que se celebra en Toro(Zamora).
As atletas seleccionadas para formar parte da selección galega son:
na Categoría infantil: Jenny Fdez, Patricia Pereira, Victoria Rguez, Rocío Rguez .
na categoría cadete: Remedios Rguez.
A selección galega está formada por 8 atletas seleccionadas por categoría e sexo de toda Galicia.

AVISO IMPORTANTE para o campionato de España de Autonomías.
-as atletas teñen que presentarse co D.N.I. para identificarse e unha foto tamaño carnet.
-ademais teñen que levar as zapatillas de cravos.
De non ser así , non poderán correr.

PLAN DE VIAXE
· SAIDA Venres 7 de Marzo 2008: Mediodía: 13:30-14:00 horas de Vigo (A hora e lugar exacto da saída consultaráse a partir do Mércores no telefono 662261347 (Emilio Bosch) ou na web
http://www.atletismogalego.org/)
HOTEL DONDE SE HOSPEDARÁ A SELECCIÓN GALEGA: HOTEL SAYAGUES Plaza de la Puentica, 2 Telf: 980525511 ZAMORA
REGRESO: Domingo dia 9 de Marzo


MOI IMPORTANTE: DOCUMENTACIÓN QUE TERÁN QUE LEVAR TODOS OS DEPORTISTAS PARA PODER PARTICIPAR: · DNI OU PASAPORTE INDIVIDUAL OU TARXETA DE RESIDENTE EN VIGOR · UNHA FOTOGRAFIA TAMAÑO CARNET
ITINERARIO:

Saída o 7 de marzo e regreso o 9 de marzo de 2008.

Vigo (Praza das Travesas) ás 14:00 -onde celebra o Celta os títulos-
Ourense ás 15:15 (pavillón de deportes)

BENAVENTE-TORO::(Arredor das 19:00)
--------------------..........................--------------------......................
A primeira carreira de pista:

---29 /03/08: Trofeo Reconquista de Vigo en pista.Será o entrenador o que convoque ós atletas participantes, e farase nas sesións de adestramento.

Saúdos.
A directiva





3.3.08

Campionato de España de Campo a través de clubs






O pasado 2 de marzo celebrouse en Madrid, no Hipódromo da Zarzuela, o XLIII Campionato de España de Campo a Través de clubs.


A este campionato asistiron atletas pertencentes a clubs de toda a xeografía española( península, illas baleares e illas canarias).


As atletas cadetes femininas da Sociedad Atlética Val Miñor a cadaron un resultado excelente ó conseguir o 4º posto por equipos.

Na clasificación individual a atleta Patricia Pereira Martínez é a primeira de Val Miñor en chegar a liña de meta, despois de percorrer 2.555 metros, acadando o 9º posto cun tempo de 9 min 41 segundos e a tan só 31 segundos da campiona. As súas compañeiras de equipo Victoria Rodríguez Freiría, Jenny Fernández Massó, Rocío Rodríguez Martínez e Elisa Tarrío Herva acadaron o 29º, 31º, 60º e 148º posto respectivamente dun total de 203 participantes.


MOITÍSIMAS FELICIDADES A TODAS!

AH! para a expedición que acompañou ás atletas a Madrid :velaí vai a foto desa ave de tamaño considerable, que aniña en torres, tellados...!
ata outra compañeiros e compañeiras!

23.2.08

Campionato galego escolar de cross infantil e cadete en Pontevedra


Seguen os éxitos na Sociedad atlética Val Miñor.
Os/as atletas de Val Miñor acadan en individual : un ouro e dous bronces; e por equipos conseguen un ouro e un cuarto posto.

Os atletas da Sociedad atlética Val Miñor acadaron uns resultados excelentes no Campionato galego de cross en idade escolar Xunta de Galicia que se celebrou en Pontevedra o sábado 23 de febrero para as categorías infantil e cadete .

As atletas infantís femininas conseguiron o ouro por equipos.

Os seus compañeiros os infantís masculinos acadaron o 4º posto, tamén por equipos: John Mikel Besada,Alexandre Enríquez,José Antonio, Aarón Misa e Damián Esmerode.

Na clasificación individual destacan as atletas infantís : Jenny Fernández Massó que chega a meta en 7:36 min despois de percorrer 1.940 metros, facénd
ose co ouro individual; a súa compañeira Patricia Pereira Martínez acada o bronce cun crono de 7:44min.seguida de Rocío Rodríguez Martínez, Victoria Rodríguez Freiría e Laura Varela Estévez que chegaron a meta en 4º,5º e 11º lugar respectivamente .

Na categoría cadete individual destaca tamén a atleta de Val Miñor Remedios Rodríguez Freiría que despois de percorrer 3.180 metros faise co 3º posto no podio nun tempo de 14,19 min.














NORABOA ATLETAS!

10.2.08

Campionato provincial de campo a través en idade escolar Xunta de Galicia


A Sociedad atlética Val Miñor vese representada no campionato provincial de campo a través celebrado o día 10 de febreiro en Chandebrito( Concello de Nigrán).

Por equipos os atletas apúntanse 3 ouros, e na modalidade individual: 2 ouros, 3 pratas e 3 bronces, nas distintas categorías.

Na categoría alevín feminino o ouro é para Sandra Rodríguez Freiría que tras percorrer 1460 metros entra en liña de meta cun tempo de 6,12 min; a prata é para Mónica Rodríguez Alvarez e o bronce para Carla Cabrera Alonso:Séguenas uns postos mais atrás Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar. Con esta clasificación quedan en 1º lugar por equipos.


En Alevín masculino o subcampión individual é o atleta Anxo Veiga Amorín que despois de percorrer 1940 metros chega a meta en 7,02 min. Ségueno os seus compañeiros, Lois Mariño Hermida (en 5º lugar) e uns postos despois Manuel Costa Camarero. A indisposición de dous compañeiros seus non fixo posible que puntuaran por equipos.

En infantil feminino vólvese tinxir de verde o podio na clasificación individual coas atletas de Val Miñor:Jenny Fernández Massó ocupando o 1º posto despois de percorrer 1940 metros en 6,59 minutos, seguida das súas compañeiras Victoria Rodríguez Freiría (2º posto)e Patricia Pereira Martínez en 3º posto.Séguenas uns postos despois Laura Varela Estévez (9º)e Rocío Rodríguez Martínez .Por equipos ocupan o 1º posto.


Na categoría infantil masculina fanse co 1ºposto por equipos os atletas: Alexandre Enríquez Blandón, John Mikel Besada Fernández, Aarón Misa García , José Antonio Dacosta Estévez, Damián Esmerode Domínguez e Aitor Da Rocha Cajaraville.
En cadete feminino destaca o 3º posto da atleta Remedios Rodríguez Freiría, seguida de Elisa Tarrio Herva uns postos mais atrás.
Tamén é de valorar o esforzó dos benxamíns masculinos: Francisco José Rodríguez Freiria, Denís Mariño Hermida e Daniel Rodríguez Estévez que non puideron puntuar por equipos debido á falta dun compañeiro de equipo.
Valórase así mesmo o esforzó do cadete masculino Jorge González Martínez.

Desde a Xunta directiva transmitimos a tódolos atletas a nosa FELICITACIÓN!

5.2.08

Campionatos galegos federados de categorías inferiores e mailas absolutas, excepto a categ. junior

A SOCIEDAD ATLETICA VAL MIÑOR ACADA UNHAS DESTACADÍSIMAS PUNTUACIÓNS NOS CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS DE CROSS




Atletas cadetes femininas quedaron clasificadas para os campionatos de España de cross.




Con 2 ouros,as cadetes femininas e mailas infantiles logran logran subir a pódium por equipos.




Na modalidade

Individual lógranse dous ouros: en alevín masculino: Lois Mariño Hermida , e en cadete feminino: Jenny Fernández Massó.


Os atletas da Sociedad Atlética Val Miñor fixeron un bo papel nos campionatos galegos federados , celebrados en Ourense ( Circuíto de Oira) este domingo , día 3 pola mañá e o sábado,día 2 en Ribadavia.

Na categoría cadete feminino alcanza o 1º posto no podio a atleta Yenny Fernández Massó tras percorrer 3.300 metros nun tempo de 11:24 min., seguida das súas compañeiras de equipo Victoria Rodríguez Freiría (en 2º lugar),Patricia Pereira Martínez(3º posto) e Rocío Rodríguez Martínez (4º posto).O podio quedou tinxido coas cores da Sociedad Atlética Val Miñor.Lograron por equipos o ouro, que as clasifica para os campionatos de España.




Na categoría cadete masculina conseguen o 7º posto por equipos( integrado polos atletas:John Mikel Besada Fernández, José Antonio Dacosta Estévez, Aarón Misa García e Aitor Da Rocha Cajaraville).
As atletas xuvenís femininas acadan o 5º posto por equipos: Remedios Rodríguez Freiría, Raquel Padín Pérez e Angela Lomba Valtierra.
En infantil feminino volven conseguir o ouro por equipos as atletas: Carla Cabrera Alonso, Sandra Rodríguez Freiría, Laura Varela Estévez, Mónica Rodríguez Alvarez, Carla Caride Sanromán e Raquel Gómez Villar.
Na categoría infantil masculina acadan o 5º posto por equipos os atletas : Anxo Veiga Amorín, Damián Esmerode, Manuel Costa Camarero e Rubén Martíns Salinas.
Na categoría alevín homes destaca o 1º posto no podio na categoría individual para o atleta Lois Mariño Hermida que tras percorrer 2.000 metros entra en liña de meta cunha marca de 07:08 minutos.
En benxamín homes os atletas Francisco Rodríguez Freiría, Fabio Yebra Garrido e Denís Mariño Hermida acadan os postos 4º,6º e 10º respectivamente na clasificación individual.
É de destacar tamén a actuación excelente das atletas benxamíns e alevíns femininas así como os/as xuvenís masculinos e femininas.
No campionato galego de veteranos de campo a través celebrado en Ourense-Ribadavia o sábado , día 2, os atletas masculinos quedaron subcampións por equipos. Puntuaron. Antón Amoedo Giménez, José Antonio Iglesias Otero e José Andrés Fervenza Fragueiro.

Podemos acceder ás clasificacións na entrada de AVANCE DE CALENDARIO DE FEBREIRO.

tamén se poden observar cambios de calendario. Cómpre visitalo.

A NOSA MAIS GRANDE NORABOA A TÓDOLOS ATLETAS!!

30.1.08

Imos xogar e aprender


Benqueridos atletas imos incluir neste blog información acerca do concello de Gondomar.
Como podedes ver, este concello miñorano, figura no mapa en cor vermella.

Ahí vai unha adiviña!:
Cales son os peóns
que camiñan de frente
e compiten en diagonal?
Esperamos a vosa resposta.Tedes que axudarnos a buscar a solución.
PUBLICADE OS VOSOS COMENTARIOS.



22.1.08

Zonal de cross escolar en idade escolar da Xunta de Galicia

O pasado día 20 de xaneiro , os atletas da S.A. Val Miñor desde pitufos ata a categoría de cadetes, participaron no cross zonal celebrado en Baiona.




Acadaron uns bos resultados:












POSTO BENXAMIN FEMININO

14 PAULA DA ROCHA PROL
26 LAURA FERNANDEZ LOPEZ
28 CARMEN VAZQUEZ GRILLO
45 ESTELA ALONSO ARCAI




POSTO BENXAMIN MASCULINO(clasificados para a fase provincial por equipos):

6 FAVIO YEBRA GARRIDO
8 FRANCISCO JOSE RODRIGUEZ FREIRIA
23 DENIS MARIÑO HERMIDA
25 DANIEL RODRIGUEZ ESTEVEZ

Clasificados para a fase provinc. por equipos, e Carla Cabrera, Mónica e Carla Caride na modalidade individual:
POSTO ALEVÍN FEMININO
1 CARLA CABRERA ALONSO
3 MONICA RODRIGUEZ ALVAREZ
6 CARLA CARIDE SANROMAN
7 SANDRA RODRIGUEZ FREIRÍA
8 RAQUEL GOMEZ VILLAR
15 NEREA LOPEZ MOREIRA

Clasificados para a fase provincial nas modalidades por equipos ;e, en individual,Anxo Veiga, Lois Mariño e Manuel Costa :

POSTO ALEVÍN MASCULINO

1 ANXO VEIGA AMORÍN
2 LOIS MARIÑO HERMIDA
6 MANUEL COSTA CAMARERO
8 RUBEN MARTINS SALINAS
10 ANDRES GONZALEZ MARTÍNEZ


Clasificadas para a fase provincial nas modalidades por equipos e, por individual,Jenny Fdez, Victoria Rguez, Rocío Rguez e Patricia Pereira:

POSTO INFANTIL FEMININO

1 JENNI FERNANDEZ MASSÓ
2 VICTORIA RODRIGUEZ FREIRÍA
3 ROCIO RODRIGUEZ MARTÍNEZ
6 PATRICIA PEREIRA MATÍNEZ
7 LAURA VARELA ESTÉVEZ

Clasificados para a fase provincial por equipos e, en individual, Alexandre Enríquez, Aarón Misa, John Mikel, José Antonio e Damián Esmerode:

POSTO INFANTIL FEMININO

1 ALEXANDRE ENRIQUEZ BLANDÓN
2 AARÓN MISA GARCÍA
3 JOHN MIKEL BESADA FERNANDEZ
5 JOSE ANTONIO DACOSTA ESTÉVEZ
6 DAMIÁN ESMERODE DOMÍNGUEZ
9 AITOR DA ROCHA CAJARABILLE

Clasificadas para a fase provincial na modalidade individual as dúas atletas:

POSTO CADETE FEMININO

1 REMEDIOS RODRIGUEZ FREIRÍA
2 ELISA TARRÍO HERVA

Clasificado para a fase provincial:

POSTO CADETE MASCULINO

1 JORGE GONZALEZ MARTINEZ

NORABOA!!!

21.1.08

Avance de calendario do mes de febreiro /próximas competicións

Para o mes de febreiro temos carreiras MOI importantes:

AVISO IMPORTANTE: (LEMBRÁDEVOS SEMPRE )
HAI QUE LEVAR AS ZAPATILLAS DE CRAVOS A TÓDALAS CARREIRAS durante toda a tempada.NALGUNHAS USARANSE E NOUTRAS NON.

HAI QUE ESTAR UNHA HORA ANTES DO HORARIO DA CELEBRACIÓN DA CARREIRA, PARA RECIBIR AS INSTRUCCIÓNS DO ENTRENADOR, VER O CIRCUÍTO, E FACER UN QUECEMENTO AXEITADO E COMPLETO.

---O día 3 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO FEDERADO en Ourense- na modalidade de cross para as categorías desde benxamín a absoluto exceptuando a categoría junior, que se celebrará individualmente.

CAMPIONATOS GALEGOS FEDERADOS A CELEBRAR EN OURENSE(CIRCUITO DE OIRA) preto da ponte do Milenio([1]*)
O DÍA 03 DE FEBREIRO DE 2008

MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO DE categorías MENORES

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
10.30 BENXAMIN Mulleres e Homes 800 m. aprox.
10.45 ALEVIN Mulleres 1.500 m. aprox.
11.00 ALEVIN Homes 2.000 m. aprox.
11.20 INFANTIL Mulleres 2.000 m. aprox
11.40 INFANTIL Homes 2.750 m. aprox

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.


CAMPIONATO GALEGO CADETE E XUVENIL DE CAMPO A TRAVES
INDIVIDUAL E POR EQUIPOS

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.00 CADETE E XUVENIL Mulleres 3.300 m. aprox.
12.20 CADETE E XUVENIL Homes 5.250 m. aprox.

10.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS (CROSS CURTO)

HORA CATEGORIA SEXO DISTANCIA
12.45 SENIOR-PROMESA Mulleres 4.000 m. aprox.
13.15 SENIOR-PROMESA Homes 4.000 m. aprox.

11.- Entregaranse medallas e diplomas os tres primeiros atletas clasificados a nivel
individual así coma trofeos os tres primeiros equipos.

(1*): Indo hacia Monforte, hai que cruzar o río Miño,que nos queda á nosa esquerda, e imos dar a un complexo deportivo. É ahí onde se celebran tódalas carreiras .

---O día 10 de febreiro celébrase o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR de cross en idade escolar da Xunta de Galicia, no Concello de Nigrán-Chandebrito a partir das 10:30 h.

--O día 17 de febreiro : Trofeo San Miguel de Oia de Cross Federado(QUEDA SUSPENDIDO POLO DE AGORA)

---O día 23 de febreiro celébrase o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR(XUNTA DE GALICIA) en PONTEVEDRA naILLA DAS ESCULTURAS .A esta proba asistirán os atletas infantiles masculinos e femininos por equipos ; e, en individual a cadete Remedios Rodríguez Freiría.Terán que estar ás 10 horas no lugar da competición.

Tamén se celebra en Santiago o Campionato Galego Junior.

---O día 24 de febreiro celébrase en O Porriño o Cross escolar de Xóvenes atletas ( no casco urbán).Os atletas teñen que estar no circuíto ás 9:30 h. xa que as probas comezan ás 10:30 h. e incluso se poden xuntar varias categorías según o nº de atletas a participar.


Sobre estas carreiras ampliarase información en canto se teña de maneira oficial. Seguide visitando esta entrada durante o mes de febreiro.
Saúdos
A directiva

6.1.08

Fase zonal de cross escolar Xunta de Galicia

Benqueridos atletas!

Xa estamos no 2008, e temos que empezar a entrenar con forzas e optimismo.

O vindeiro día 20 de xaneiro celébrase en Baiona o Zonal de cross en idade escolar( isto quere dicir que compiten desde os mais pequenos ata cadetes)-
Ánimo e sorte na tempada!