19.3.07

xxx Trofeo Campo a través da Soc. Deportiva de atletismoS.Miguel de Oia

No XXX Trofeo de Campo a través S. Miguel de Oia, celebrado o 18 de marzo, a Sociedade Atlética Val Miñor volve acadar uns excelentes resultados.

Os atletas alevíns masculinos conseguen atravesar a liña de meta en lugar Anxo Veiga Amorín , cun tempo de 6:55 min. seguido de Lois Mariño Hermida en posición, cun crono de6:59 min. Nuns postos mais atrás, temos a Nicolás Mariño Hermida, Manuel Costa Camarero e Andrés Gónzalez Martínez.

Na categoría alevín feminina a 1ª en atravesa-la liña de meta é Sandra Rodríguez Freiría ,cun tempo de (7:05 minutos).Temos que salientar tamén a Carla Caride (7:23) , Carla Cabrera ( 7:29) en 5º e 6º posto respectivamente.

En Infantil masculino : Alexandre Enriquez Blandón consegue o posto no podio en (9:32 Min), así como o posto John Mikel Besada Fernández (9:41 min), e o 4º Aarón Misa García (9:43 min).

Na categoría infantil femenino, o podio vólvese de cor verde coas atletas da S.A. Val Miñor, acadando o 1º,2º,3º,4º e 8º posto as atletas: Jenny Fernández Massó (7:50), Victoria Rodríguez Freiría (7:57), Patricia Pereira Martínez (8:05),Rocío Rodríguez Martínez (8:06) e Laura Varela Estévez (8:33), respectivamente.

Na categoría Xuvenil feminina, a atleta Raquel Padín Pérez sube a podio en lugar, cun tempo de 16:38 min; do mesmo club chegan a liña de meta Angela Lomba Valtierra 7ª e Diana González Dacosta 8ª, cuns tempos acadados de 18:40 , e 20:11 min respectivamente.

En Xuvenil masculino Iván Rúa Bernardo, chega a meta en décima posición.

Na categoría Junior masculino o atleta de Val Miñor Agustín Sobrado Menoni acada o posto no podio en 16:59 minutos.



Temos que decir que os nosos atletas benxamíns e pre-benxamíns nenos e nenas puxeron o seu gran de area na proba.Entre eles Daniel González Brito acada o posto Benxamín e Francisco José Rodríguez Freiría o 6º.

Os atletas da categoría Promesa Javier Acevedo Sanromán e Daniel González Adrover entran en 6ª e 11ª posición na liña de meta; por tempos acadan 31:30 e 33:02 respectivamente.

Os atletas veteráns conseguen moi bos postos. Destacamos a Antón Amoedo Giménez, José Antonio Iglesias Otero e Antonio Soliño Castro en 4ª, 6ª e 11ª posición respectivamente na clasificación xeral, e cuns tempos acadados de 27:42, 28:03 e 29:32 min.









No hay comentarios: